Pazo de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
arranxiños; retiro cat redundante; PENDENTE: coordenadas
Liña 1:
{{Pazo|Pazo de Castrelos|Pazo Quiñones de León, Castrelos.jpg|Castrelos, Vigo|Pontevedra|Galicia||[[século XVII]]||[[século XVIII]] remodelado|en bo estado|Galicia}}
[[FileFicheiro:Museo Quiñones de León Foto Miguel Angel Otero Soliño.JPG|rightdereita|thumbminiatura|200px|[[Sebe]]s de [[buxo]]s par da fachada posterior]]
 
O '''Pazo de Castrelos''' é unha [[Pazo|casa señorial]] que se atopa no [[Parque de Castrelos|parque do mesmo nome]], na parroquia de [[Castrelos, Vigo|Castrelos]], en [[Vigo]].
Liña 9:
 
== Historia ==
{{VT|Museo Quiñones de León|Parque de Castrelos}}
 
A orixe remóntase ao antigo Pazo da Lavandeira, construción levantada cara o ano 1670, anos despois da fundación do morgado polo capitán Johan Tavares en 1665 (como recolle o escudo de armas da fachada principal). Esta familia permanece na propiedade até o século XVIII en que deixará paso aos Montenegro e a comezos do XIX ao marquesado de Valladares.
 
A finais do século XIX a finca e o pazo son herdados por dona María de los Milagros Elduayen, VIII Marquesa de Valladares, e seu home Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, os cales emprenderon unha importantísima reforma do edificio. O temperán falecemento da marquesa fixo que o pazo pasase a mans do seu fillo Fernando, IX Marqués de Valladares. En 1918 este perece sen descendencia deixando como herdeiro a seu pai e como usufrutuaria vitalicia a súa esposa, Marianne de Wythe. Será seu pai quen o 12 de decembro de 1924 doe ao pobo de Vigo a propiedade, condicionando a súa doazón a que se dispuxesen nel un museo e un parque público.(''Ver artigos '''[[Museo Quiñones de León]]''' e '''[[parque de Castrelos]]''''').
 
== Arquitectura ==
[[FileFicheiro:Pazo de Castrelos, fachada sur.jpg|rightdereita|thumbminiatura|200px|Fachada sur do pazo.]]
[[FileFicheiro:Pazo de Castrelos dende o xardín inglés.jpg|rightdereita|thumbminiatura|200px|Vistas dende o xardín inglés.]]
[[FileFicheiro:Pazo de Castrelos, xardín francés.jpg|rightdereita|thumbminiatura|200px|Xardín francés.]]
[[FileFicheiro:Pazo de Castrelos, pombal.jpg|rightdereita|thumbminiatura|200px|[[Pombal]] no eido do pazo.]]
[[FileFicheiro:Fontano de Sankta Anno, Castrelos, Vigo.jpg|rightdereita|thumbminiatura|200px|[[Fonte (arquitectura|Fonte]] con [[pía]] no xardín do pazo.]].
 
=== Orixes ===
O antecedente arquitectónico do edificio actual é a citada na documentación como '''Torre de Lavandeira''' que probabelmente se levantaba no mesmo lugar que o pazo ocupa hoxe en día. A súa denominación como [[Torre (arquitectura)|torre]] alude a unha tipoloxía herdeira da arquitectura militar medieval.
 
No marco dos enfrontamentos fronteirizos con [[Portugal]] a consecuencia do [[Historia de Portugal#Independencia|proceso de independencia]] iniciado en 1641 no país veciño prodúcese a devastación da torre de Lavandeira, erguéndose en 1670 o novo edificio do morgado fundado polo capitán Johan Tavares.
Liña 26 ⟶ 29:
=== Exterior ===
Constrúese un edificio de nova planta inspirado no achegado e acabado de construír no lugar da Torre Busteu (1633) Pazo de San Thomé ([[Pazo da Pastora]]), exemplo de palacete renacentista urbano castelán implantado no rural galego polo vencello dos seus propietarios coa Corte.
O edificio segue a tipoloxía de corpo flanqueado por dúas [[torre]]storres, actualmente moi reformado e ampliado cun engadido na parte posterior, e un distribuidor perpendicular que aloxa a [[capela]] e o pavillón de servizos. Estas ampliacións e reformas foron emprendidas polo Marqués de Alcedo a finais do século XIX e principios do XX.
 
A [[Planta (arquitectura)|planta]] está composta dun corredor rectangular. Diante da fachada principal esténdese un amplo patio cun [[Fonte (arquitectura)|estanque]] circular. A planta ten un corpo central caleado, agás no zócolo, na contorna de [[Van (construción)|ocos]] e [[escudo]] con armas dos Tavares. Os ocos posúen desaugadoiros e balcóns de ferro forxado. Termina o corpo central cun entaboado coroado por [[amea]]s. As dúas torres son idénticas, de cadeirados de planta cadrada. Ocos sinxelos, cun balcón no segundo andar, escudo entre o segundo e terceiro e remate de ameas.
Liña 72 ⟶ 75:
[[Categoría:Museo Quiñones de León]]
[[Categoría:Arquitectura civil en Vigo]]
[[Categoría:Vigo]]
[[Categoría:Bens de Interese Cultural de Galicia]]