Mogadixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: sl:Mogadiš
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 36:
En [[1330]] a cidade foi visitada polo viaxeiro [[Marrocos|marroquino]] [[Ibn Battuta]], quen a descrebeu como unha vasta e florecente cidade, importante centro de produción e comercio de tecidos.
 
Excavacións arqueolóxicas recobraron moedas chinesas das dinastías [[Song]], [[Ming]] e [[Qing]], [[moeda|numerario]] [[Sri Lanka|cingalés]] e da rexión [[Vietnam|vietnamita]] do [[Annam]]: a cidadeestado da civilización swahili importaba cerámica árabe, porcelana chinesa e tecidos [[India|indios]], entanto exportaba madeira, [[marfín]], [[concha]]s, [[Escravitude|escravos]] e máis [[ferro]]. O historiador [[Ross E. Dunn]] describe Mogadixo e outras cidades musulmanas da África Oriental como "unha especie de América medieval, unha terra fértil e ben irrigada, de oportunidades económicas e unha terra a salvo da seca, carestía, sobrepoboación e guerras internas".
 
No [[século XVI]] Mogadixo foi conquistada polos [[Portugal|portugueses]], para tres séculos despois ser ocupada en [[1871]] polo sultán de [[Sultanato de Zanzíbar|Zanzíbar]].