Ubre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ubre dunha vaca frisoa.JPG|miniatura|300px|Ubre dunha vaca]]
O '''ubre''' é unha [[glándula]] de [[secreción]] externa, unha glándula sudorípara modificada, característica das femias da clase dos [[mamífero]]s (''Mammalia''), cuxa función é a secreción do [[leite]] co que alimentan as crías durante as primeiras etapas da vida. O ubre designa o conxunto destas glándulas, en número de dúas, catro ou máis, e equivale ó que na [[muller]] se designa como [[seo (anatomía)|seo]] ou peito.
 
Nas diferentes especies animais presenta un número diferente de unidades glandulares: dúas na [[ovella]], [[cabra]] ou [[cabalo|egua]], catro na [[vaca]], oito na [[gato|gata]], 8-12 na [[can|cadela]], 12-16 na [[porco|porca]]. A disposición no corpo tamén é variable: inguinal nos équidos e ruminantes, toracoinguinal nos cánidos e súidos ou toracoabdominal na gata.