Epitelio de transición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
==Características==
O grosor do epitelio de transición varía ao longo do tracto urinario. Nos cálices renais só ten dúas ou tres células de grosor, no uréter ten catro ou cinco e na vexiga contraída ten de seis a oito.
 
O epitelio de transición da vexiga está sometido a grandes cambios de tensión debido ao grao de enchemento de dito órgano en cada momento. Cando a vexiga está contraída e pouco chea, o epitelio consta de moitas capas celulares con distinta morfoloxía: as máis profundas son cuboideas ou cilíndricas, enriba teñen células poliédricas irregulares e as da capa superior, que dan á luz, son grandes e cunha superficie arredondada moi característica. Polo contrario, cando a vexiga está moi chea e o órgano está distendido, o estiramento do epitelio fai que se distingan só dúas capas: a inferior con células cuboideas e a superior, que dá á luz, con células planas (escamosas) e grandes.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 62-64, 793-795. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
 
Nas micrografías electrónicas a superficie que dá á luz das células é ondulada en conxunto e formada por tramos de membrana rectos, que poden formar contornos angulosos cos tramos adxacentes. O [[citoplasma]] superficial das células que dan á luz ten moitos filamentos e presenta numerosas [[vesícula]]s rodeadas de membrana similar á plasmática de forma aplanada ou elíptica, as cales son moi características das células do epitelio de transición.
 
A [[membrana plasmática]] luminal destas células (e a das vesículas) é tamén moi peculiar, xa que é máis grosa do normal (12 [[nanómetro|nm]]) e moi asimétrica, xa que as dúas liñas densas escuras (hidrófilas) que rodean á liña clara central (hidrófoba) da membrana non son do mesmo grosor como é habitual, senón que a liña escura luminal é moito máis grosa ca a citoplasmática. Ademais a membrana examinada con contraste negativo e en óptica de difracción mostra unha estrutura reticulada moi ordenada formada por subunidades hexagonais. Estas especializacións da membrana non se encontran noutras células. Crese probable que estas características especiais da membrana contribúan á súa impermeabilidade á auga. <ref name=Fawcett/>
 
Debaixo do epitelio de transición hai unha [[lámina basal]], que a separa da lámina propia da parede do órgano. O tecido conxuntivo da lámina propia pode formar pregamentos que ás veces penetran profundamente no epitelio.
 
==Funcións==