Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 8:
A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de [[Corcubión]]. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.
 
Ás 8 da tarde embarrancaba na praia do Rostro. sospeitouse que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español ''Remolcanosa 5'', despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate <ref>[''El País'', 1.03.1989 [http://elpais.com/diario/1989/03/01/espana/604710006_850215.html] fíxose eco dun informe elaborado por una comisión parlamentaria presidida por Joaquín Ruíz Giménez. O xornal dicía que "''El informe recoge la sospecha de que el buque fue dejado a la deriva por falta de interés en evitarlo, de suerte que la recompensa por el salvamento sería 10 veces mayor si el barco embarrancaba. O sea, que lo embarrancaron voluntariamente''".</ref>.
 
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. Un tripulante advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6. O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Todo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas se sucedan as asembleas populares pero non serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos.
Liña 27:
Durante os primeiros días sacáronse do barco 255 bidóns de distintos produtos <ref>Posteriormente, o mar botou máis bidóns ás costas.</ref> que se almacenaron no porto de [[Brens, Cee|Brens]], en Cee, pero o Goberno central decidiu levar a carga lonxe, ante a sensibilización da poboación. O destino inicialmente previsto foi unha base que o Exército tiña en [[Parga, Guitiriz|Parga]], no concello de [[Guitiriz]], unhas antigas instalacións militares nas que a carga tóxica estaría segura.
 
Os veciños de Guitiriz tampouco aceptaron ser o depósito dos bidóns tóxicos e interceptaron o convoi, que viña protexido pola [[Garda Civil]], colocando barricadas nas estradas e parándose diante dos camións <ref>Tres camións que transportaban ortocresol e formaldehído, substancias cuxo transporte non representa ningún perigo.</ref>, polo que se decidiu entón trasladar a carga ó peirao de [[Alcoa|Alumina-Aluminio]] (hoxe [[Alcoa]]) en [[San Cibrao, Lieiro, Cervo|San Cibrao]]. Aquí reprodúcense os enfrontamentos e o Comité de Empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que acordan que os traballadores abandonasen as instalacións, baseándose na posible perigosidade da súa carga.
 
A consecuencia distoda paralización da actividade da factoría, apagáronse osas cubas de fornoselectrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido e o [[aluminio]] solidificouse no seu interior. O custo da avaría provocada ascendeue os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, que tivoaínda que abonar a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. A empresa despidiu a 111 traballadores pero, tralo posterior xuízo, tivo que readmitir a todos excepto os 23 representantes do Comité de Empresa.
 
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de [[Morás, Xove|Morás]], en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños. Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco ''Galerna'' e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún <ref>As sospeitas non desapareceron, e quince anos despois aínda escribía a prensa que "''Son muchas las voces que aún desconfían de la versión oficial e incluso hai quien asegura que los bidones nunca llegaron al puerto de Rotterdam''" (''La Voz de Galicia: ola negra'', px. 69.</ref>. A citada reportaxe sobre o informe da Comisión parlamentaria conclúeconcluía dicindo que "''la comisión, con todos sus parlamentarios, que son nuestros representantes democráticos, desconoce hoy día la carga exacta del Cason y duda que la Administración sepa más que ellos''" <ref>''El País'', 131.1203.19871989.</ref>.
 
==Final do ''Cason''==
O barco foi parcialmente despezado no lugar onde varou, aínda que boa parte da súa estrutura permanece aínda baixo as augas da praia do Rostro. Unha [[áncora]] do ''Cason'' foi colocada no peirao de Fisterra.
 
==Notas==
Liña 48:
*[http://www.cedre.fr/es/accidentes/cason/cason.php Informe do CEDRE (Centre de Documentation, de Recherche et d'Expérimentations sur les Pollutions Accidentelles des Eaux)] {{fr}}
*[http://www.crtvg.es/crtvg/arquivo/a-catastrofe-do-cason-en-directo ''A catástrofe do Casón en directo''], [[TVG]].
* [http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1987/12/06/pagina-41/33004935/pdf.html "El incendio de un mercante en aguas de Finisterre provoca 23 muertos", en ''La Vanguardia'', 6.12.1987] {{es}}
* [http://elpais.com/diario/1987/12/13/espana/566348410_850215.html "Desaparece el diario de navegación del buque 'Cason'", en ''El País'', 13.12.1987]
* [http://elpais.com/diario/1989/03/01/espana/604710006_850215.html "Las dudas del 'Cason'", en ''El País'', 1.03.1989]
* [http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2007/12/05/01101196844097549634618.htm Galería fotográfica de ''La Voz de Galicia'', 5.12.2007]
* [http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1987/12/06/pagina-41/33004935/pdf.html "El incendio de un mercante en aguas de Finisterre provoca 23 muertos", en ''La Vanguardia'', 6.12.1987] {{es}}
 
[[Categoría:Accidentes marítimos en Galicia]]
[[Categoría:Barcos]]