Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 10:
Ás 8 da tarde embarrancaba na praia do Rostro. Díxose que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español ''Remolcanosa'', despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate.
 
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. Un tripulante advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6. O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. NasTodo o anterior, unido á falta de información oficial e ó confuso que era a información existente, fai que nas vilas próximas sucédensese sucedan as asembleas populares quepero ninnon serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos.
 
A mesma falta de información sobre as características da carga e sobre as causas do incendio afecta tamén ás autoridades, que non teñen elementos para adoptar decisións sobre o rescate. O que publican os medios, moitas veces contraditorio, tamén colabora fomentar a confusión e a desconfianza entre os veciños.
Cando se coñeceu o manifesto de carga, cos produtos transportados e as súas cantidades exactas, tampouco se conseguiu tranquilizar á poboación, estendéndose os rumores da posible existencia de [[arma química|armas químicas]] ou materiais para fabricalas, ou mesmo material [[radioactividade|radioactivo]]. Anos despois, o propio [[Xosé Manuel Beiras Torrado]], daquela parlamentario do [[BNG]], dicía nun programa de televisión que "''Aínda hoxe non se sabe se había elementos radioactivos dentro do Casón''" (TVG: ''A caixa negra'', 2009). Para xestionar a recollida da carga, veñen varios expertos holandeses mandados pola Unión Europea <ref>Daquela, aínda Comunidade Económica Europea.</ref>, pero os políticos locais <ref>Entre os que destacaba Rafael Mouzo, daquela alcalde nacionalista de Corcubión.</ref> e alguns [[medio de comunicación de masas|medios de comunicación]] cuestionaron a súa experiencia e a veracidade da información que proporcionaban.
 
Cando por fin se coñeceu o manifesto de carga, o día 7, cos produtos transportados e as súas cantidades exactas, tampouco se conseguiu tranquilizar á poboación, estendéndose os rumores da posible existencia de [[arma química|armas químicas]] ou materiais para fabricalas, ou mesmo material [[radioactividade|radioactivo]]. Anos despois, o propio [[Xosé Manuel Beiras Torrado]], daquela parlamentario do [[BNG]], dicía nun programa de televisión que "''Aínda hoxe non se sabe se había elementos radioactivos dentro do Casón''" (TVG: ''A caixa negra'', 2009). Para xestionar a recollida da carga, veñen varios expertos holandeses mandados pola Unión Europea <ref>Daquela, aínda Comunidade Económica Europea.</ref>, pero os políticos locais <ref>Entre os que destacaba Rafael Mouzo, daquela alcalde nacionalista de Corcubión.</ref> e alguns [[medio de comunicación de masas|medios de comunicación]] cuestionaron a súa experiencia e a veracidade da información que proporcionaban.
O [[10 de decembro|día 10]] empeorou o tempo e as ondas terminaron por mollar a carga que aínda permanecía no barco e, con ela, os bidóns de sodio. O sodio, en contacto coa auga, dá lugar a [[sosa cáustica]] e libera [[hidróxeno]], que é inflamable e explosivo. Iso explica que comezaran a producirse numerosas explosións no barco e un violento incendio que provocou unha grande alarma social ante a posibilidade de que se formase unha nube tóxica contaminante que puidese caer sobre os habitantes dos pobos costeiros. A [[TVG|Televisión galega]] retransmitiu o momento en directo.
 
O [[10 de decembro|día 10]] empeorou o tempo e as ondas terminaron por mollar a carga que aínda permanecía no barco e, con ela, os bidóns de sodio. O sodio, en contacto coa auga, dá lugar a [[sosa cáustica]] e libera [[hidróxeno]], que é inflamable e explosivo. Iso explica que comezaran a producirse numerosas explosións no barco e un violento incendio que provocou unha grande alarma social ante a posibilidade de que a nube tóxica que se formaseformou unhasobre nubeo tóxicabarco contaminantee que avanzaba cara a costa puidese caer sobre os habitantes dos pobos costeiros. A [[TVG|Televisión galega]] retransmitiu o momento en directo.
 
Inmediatamente, o medo ante as explosións e a densa nube que se levantaba do barco apoderouse da maioría dos veciños e moitos deles abandonaron a zona cara o interior. As informacións confusas que daban as autoridades nacionais, autonómicas e locais e os medios contribuíron a crear unha situación que se deu en chamar de "histeria colectiva". Por fin, na noite do día 10, o Goberno central, de [[Felipe González]], e mais o galego, presidido por [[Fernando González Laxe]], que acababa de tomar posesión había poucas semanas, decidiron evacuar a poboación de Fisterra, [[Cee]] e [[Corcubión]] (unhas 15.000 persoas) cara a [[Santiago de Compostela]]. [[Domingo García-Sabell]], entón delegado do Goberno en Galicia, afirmou que non se sabía a toxicidade das emisións que saen do barco pero que a posibilidade de que sexa tóxico aconsellaba tomar esa medida, e anunciou o envío de 300 autobuses (cifra que prometeu aumentar a 700 se fixeran falta). En calquera caso, os veciños comezaron a abandonar as súas casas polos seus propios medios cara distintas poboacións do interior, nunha noite caótica que provocou numerosos problemas de circulación; mesmo houbo quen escapou nos barcos pesqueiros. Só tres horas despois de comunicar a necesidade de evacuar a zona, o Goberno anulouna explicando que novas análises demostraran que non existía ningún perigo para as persoas: os niveis de contaminación non eran tóxicos, asegurou. Como era esperable, a coexistencia destas mensaxes contraditorias por parte das autoridades non fixo senón incrementar a desconfianza.