Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
 
==Características==
O barco fora botado en [[1969]]. Tiña unhas dimensións de 137 metros de [[eslora]] e 21 metros de [[manga (náutica)|manga]]. Navegaba desde [[Rotterdam]] ó porto chinés de [[Shangai]] transportando unha carga de 1.100 toneladas de produtos [[química|químicos]], consistentesdistribuídos en 5.000 bidóns, sacos e contedores, clasificados como inflamables ([[xileno]], [[butanol]], butil de acrilato, ciclohexanona, [[sodio]]), tóxicos ([[anilina|aceite de anilina]], difenilmetano, o-cresol, dibutilfalato) e corrosivos (ácido fosfórico, anhídrido alifático), que se embarcaran nos portos de [[Hamburgo]] e [[Antuerpen]] e a propia Rotterdam.
 
==O accidente==
A solicitude de socorro foi lanzado ás 7:45 horas da mañá e atendida pola Axudantía de Mariña de [[Corcubión]]. Ás 10:30 chegaron xunto ó barco os servizos de salvamento, cando xa estaba a unhas cinco millas da costa, e observaron unha columna de fume que xurdía dunha das súas adegas. Os mariñeiros saltaran á auga e comezaron a recollerse os primeiros oito cadáveres.
 
Ás 8 da tarde embarrancaba na praia do Rostro. Díxose que o barco foi encallado deliberadamente polo remolcador español ''Remolcanosa'', despois de que o armador se negase a responder economicamente do custo do rescate.
 
Nas poboacións costeiras xorde inmediatamente a inquietude ante o descoñecemento das características da carga que transportaba. O capitán, único membro da tripulación que coñecía esta información, morrera nas primeiras horas do accidente. Un tripulante advertíu da existencia de bidóns marcados co símbolo de produto tóxico da clase 6. O feito de que os mariñeiros saltaran á mar en vez de permanecer a bordo, tendo en conta que o incendio era local e non semellaba de gravedade, facía pensar nun grave perigo da posible explosión do barco e da súa carga. Nas vilas próximas sucédense as asembleas populares que nin serven para dar a información que esixen os veciños nin moito menos para tranquilizalos.
Liña 14:
Cando se coñeceu o manifesto de carga, cos produtos transportados e as súas cantidades exactas, tampouco se conseguiu tranquilizar á poboación, estendéndose os rumores da posible existencia de [[arma química|armas químicas]] ou materiais para fabricalas, ou mesmo material [[radioactividade|radioactivo]]. Anos despois, o propio [[Xosé Manuel Beiras Torrado]], daquela parlamentario do [[BNG]], dicía nun programa de televisión que "''Aínda hoxe non se sabe se había elementos radioactivos dentro do Casón''" (TVG: ''A caixa negra'', 2009). Para xestionar a recollida da carga, veñen varios expertos holandeses mandados pola Unión Europea <ref>Daquela, aínda Comunidade Económica Europea.</ref>, pero os políticos locais <ref>Entre os que destacaba Rafael Mouzo, daquela alcalde nacionalista de Corcubión.</ref> e alguns [[medio de comunicación de masas|medios de comunicación]] cuestionaron a súa experiencia e a veracidade da información que proporcionaban.
 
O [[10 de decembro|día 10]] empeorou o tempo e as ondas terminaron por mollar a carga que aínda permanecía no barco e, con ela, os bidóns de sodio. O sodio, en contacto coa auga, dá lugar a [[sosa cáustica]] e libera [[hidróxeno]], que é inflamable e explosivo. Iso explica que comezaran a producirse numerosas explosións no barco e un violento incendio que provocou unha grande alarma social ante a posibilidade de que se formase unha nube tóxica contaminante que puidese caer sobre os habitantes dos pobos costeiros. A [[TVG|Televisión galega]] retransmitiu o momento en directo.
 
Inmediatamente, o medo ante as explosións e a densa nube que se levantaba do barco apoderouse da maioría dos veciños e moitos deles abandonaron a zona cara o interior. As informacións confusas que daban as autoridades nacionais, autonómicas e locais e os medios contribuíron a crear unha situación que se deu en chamar de "histeria colectiva". Por fin, na noite do día 10, o Goberno central, de [[Felipe González]], e mais o galego, presidido por [[Fernando González Laxe]], que acababa de tomar posesión había poucas semanas, decidiron evacuar a poboación de Fisterra, [[Cee]] e [[Corcubión]] (unhas 15.000 persoas) cara a [[Santiago de Compostela]]. [[Domingo García-Sabell]], entón delegado do Goberno en Galicia, afirmaafirmou que non se sabesabía a toxicidade das emisións que saen do barco pero que a posibilidade de que sexa tóxico aconsellaaconsellaba tomar esa medida, e anunciaanunciou o envío de 300 autobuses (cifra que prometeu aumentar a 700 se fixeran falta). En calquera caso, os veciños comezaron a abandonar as súas casas polos seus propios medios cara distintas poboacións do interior, nunha noite caótica que provocou numerosos problemas de circulación; mesmo houbo quen escapou nos barcos pesqueiros. Só tres horas despois de comunicar a necesidade de evacuar a zona, o Goberno anulouna explicando que novas análises demostraran que non existía ningún perigo para as persoas: os niveis de contaminación non eran tóxicos, asegurou. Como era esperable, a coexistencia destas mensaxes contraditorias por parte das autoridades non fixo senón incrementar a desconfianza.
 
==Retirada dos bidóns recollidos==
Durante os primeiros días sacáronse do barco 255 bidóns de distintos produtos <ref>Posteriormente, o mar botou máis bidóns ás costas.</ref> que se almacenaron no porto de [[Brens, Cee|Brens]], en Cee, pero o Goberno central decidiu levar a carga lonxe, ante a sensibilización da poboación. O destino inicialmente previsto foi unha base que o Exército tiña en [[Parga, Guitiriz|Parga]], no concello de [[Guitiriz]], unhas antigas instalacións militares nas que a carga tóxica estaría segura.
 
Os veciños de Guitiriz tampouco aceptaron ser o depósito dos bidóns tóxicos e interceptaron o convoi, que viña protexido pola [[Garda Civil]], colocando barricadas nas estradas e parándose diante dos camións, polo que se decidiu entón trasladar a carga ó peirao de Alumina-Aluminio (hoxe [[Alcoa]]) en [[San Cibrao, Lieiro, Cervo|San Cibrao]]. Aquí reprodúcense os enfrontamentos e o comité de empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que acordan que os traballadores abandonen as instalacións.
 
Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco ''Galerna'' e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún.
 
Anos despois correron os rumores de que aumentaran considerablemente os casos de [[cancro]] entre os habitantes da zona, especialmente o cancro de estómago, pero ningún estudo conseguiu evidenciar nin o incremento desta patoloxía nin que os casos que se deron tivesen relación co ''Cason''.
 
==Final do ''Cason''==
O barco foi desguazadoparcialmente despezado no lugar onde varou, aínda que boa parte da súa estrutura permanece aínda baixo as augas da praia do Rostro.
 
==Notas==