Bikini Kill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
A mensaxe de Bikini Kill funcionaba como a propia definición de [[riot grrrl]] (riot é disturbio en inglés), unha mensaxe feminista de fortalecemento nun escenario dominado polos homes. A música pode ser clasificada como [[punk rock]], pero a música do [[riot grrrl]] é feminista e dirixida ás mozas, transmitindo autorespecto e unión.
 
Tamén cabe observar que as mulleres estiveron envoltas no punk dende o principio. A finais dos anos 70, o punk era unha ácida resposta á comercialización do rock. As mulleres eran activas na escena, con presenza nas bandas [[The Slits]], [[The Raincoats]], [[Au Pairs]], [[Girls at Our Best]], [[Modettles]], [[Delta 5]], [[Shop Assistants]] e [[Liliputs]]. Pero esas bandas non se axudaban as unhas ás outras, o que desperdiciaba unha oportunidade de promoción do traballo conxunto das bandas. No inicio dos anos 90, as rapazas do [[riot grrrl]] retomaron a idea do "[[faino ti mesmo]]" do punk rock e xurdiron varias bandas novas, onde Bikini Kill é froito dese legado.
 
==Biografía==
Bikini Kill foi formado en [[1990]] en [[Olympia, Washington|Olympia]], Washington por [[Kathleen Hanna]], Tobi Vail e Kathi Wilcox coa intención de lanzar un fanzine, tamén chamado Bikini Kill. Para darlle máis vida á publicación surxíusurxiu a idea de formar unha banda, e para iso chamaron ao guitarrista Billy Boredom para completar a formación. En [[1991]] foi gravada a [[demo]] ''Revolution Girl Style Now'' e a banda entrou en xira polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] xunto con Nation of Ulysses e despois estableceuse en [[Washington D.C.]] onde gravou o seu primeiro EP, titulado sinxelamente ''Bikini Kill'', co produtor [[Ian MacKaye]] (membro de [[Fugazi]]).
 
En [[1992]] a banda excursionou pola costa leste, voou ata [[Hawaii]] para o Día Internacional da Muller, fixo varios concertos en [[Washington D.C.]], incluindoincluíndo algunhas actuacións benéficas a favor da Pro-Choice (organización que loita pola legalización do aborto), que coincidiron cunha gran marcha que houbo en Washington para loitar pola causa. A banda estivo tamén en [[Nova York]], onde [[Joan Jett]] amosou interese polo grupo.
 
A banda estivo de xira tamén por [[Inglaterra]], ao lado da banda Huggy Bear (unha especie de representante británico do [[riot grrrl]]). As dúas bandas dividiron o sinxelo ''Yeah, Yeah, Yeah / Our Troubled Youth'', lanzado pola Catcall en [[Inglaterra]] e pola Kill Rock Stars nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Nesa época, o [[riot grrrl]] gañaba unha popularidade sen precedentes e era obxecto de reportaxes e artigos nos medios tanto en [[Inglaterra]] como nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].