Licaonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Frixia (rexión)
m →‎Historia: arranxiño
Liña 17:
A invasión frixia da Asia Menor desde [[Tracia]] substituíu á poboación local que, porén, por uns séculos conservou a súa lingua (os frixios falaban unha lingua indoeuropea: o [[lingua frixia|frixio]]).
 
Licaonia pertenceu a Persia desde a segunda metade do [[século –VI-VI|século IV a.C.]] (a rexión foi sometida por [[Ciro II]]) e foi integrada na satrapía III, máis alá da de [[Katpatuka]] (Capadocia).
 
Caeu en poder de [[Alexandre o grande]] o [[-334]], e á súa morte pasou sucesivamente a [[Pérdicas]] (rexente de Asia) o [[-322]], a [[Antígono]] ([[-321]], rei desde o [[-306]]) e [[Seleuco I Nicátor]] ([[-301]]). Formou parte do [[Imperio Seléucida]] ata o [[-189]] se ben do [[-244]] ao [[-228]] formou parte do reino de [[Cilicia]] que se creara para [[Antíoco Híerax]] ([[-244]] - [[-227]]). Sobre o [[-228]] caeu en mans do rei de [[Pérgamo]], pero sobre o [[-223]] foi reconquistada polos seléucidas, que a conservaron ata a [[batalla de Magnesia do Sipilos]] ([[-190]]) perdéndoa nos seguintes meses, e quedando incorporada a Pérgamo pola paz ou [[tratado de Apamea]] ([[-188]]). Sobre o [[-158]] unha parte (ao norte) foi incorporada á tetrarquía de [[Galacia]].