Epipaleolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Adaptación: arranxiño
→‎Adaptación: algo máis desde awiki .es
Liña 19:
 
Ao acabar a última glaciación do '''Plistoceno''' (a de [[Último periodo glacial|Würm]], que tamén foi a máis dura) comezou un [[cambio climático]], marcado por unha alternancia de fases tépedas e frías, que permitiu a extensión das masas boscosas en Eurasia e Norteamérica, pero provocou tamén a formación de amplas faixas esteparias e/ou semidesérticas ao redor dos [[trópico]]s. Como consecuencia destes cambios extinguíronse ou emigraron os grandes mamíferos que formaran a base da dieta do home do [[Paleolítico Superior]]: o [[mamut lanudo]] e o [[rinoceronte lanudo]], entre outros, desapareceron, e animais como o [[reno]] e o [[bisonte]] emigraron cara ao norte. Pola contra prosperaron animais de costumes menos gregarias, cuxa caza resultaba máis complexa: [[cervo]]s, [[xabaril]]s, [[corzo]]s, [[coello]]s, etc. Para cazalos o home utilizou, probablemente, [[can]]s, o primeiro animal que domesticó, xa a finais do Paleolítico Superior en Europa occidental.<ref>{{cita libro | nome = Josep Mª | apelidos = Fullola | coautor = Gurt, Josep Mª | ano = 1992 | título = La Prehistoria del Hombre. | edición = primera | editor= Ed. Salvat | localización = Barcelona | isbn = 84-8031-012-X | páxina = 40|lingua=castelán}}</ref> A dieta diversificouse enormemente, incluíndo entón outros pequenos mamíferos e aves como os [[ganso]]s, [[tordo]]s, [[faisan]]s, [[gaio]]s, [[Columbidae|pombas]], etc. A recolección de froitos e raíces estendeuse, e aumentou espectacularmente o consumo de caracois e cunchas, como o demostran os enormes ''concheros'' da vertente atlántica europea e os ''caracoleiros'' das covas pirenaicas. Tamén se comezou a desenvolver a pesca fóra da costa, en mar aberto.<ref name="Diario Vasco">{{cita web |url= http://www.diariovasco.com/pg060613/actualidad/aldia/200606/13/aranzadi-hallazgo-mesolitico-arrantzale.html |título= Aranzadi demuestra que los hombres del mesolítico se alimentaban con peces capturados a cierta distancia de la costa |autor= Carlos López |data= 13 de junio de 2006 |obra= |editor= [[El Diario Vasco]] |lugar= |página= |at= |trans_title= |dataacceso= 3-11-2012}}</ref> Fabricáronse trineos, nun principio tirados por homes e logo por cans, e [[canoa]]s feitas con peles ou cortizas de árbores.
 
 
[[Ficheiro:Arpón con microlitos.png|164x596px|dereita|miniatura|Arpón con armadura de [[microlito]]s xeométricos.]]
A industria lítica mostra unha clara tendencia á fabricación de pequenos utensilios adaptados ás novas situacións e usos, moi especializados, os [[microlito]]s. Estes eran utilizados para a recolección de moluscos e para a súa apertura, como puntas de frecha, nos arpóns, como [[raspador]]es, [[buril]]es, etc. As armas máis abundantes foron os arcos, feitos de madeira e tendóns animais, con frechas que incorporaban na súa punta microlitos de variadas formas xeométricas: triángulos, trapecios, etc. Tamén se usaron frechas e arpóns manufacturados enteiramente en óso, en [[corno]] ou en madeira.
 
== Notas ==