Paracetamol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 64:
 
== Toxicidade ==
{{AP|Toxicidade do paracetamol}}
=== Consideracións xerais ===
O paracetamol ten un [[índice terapéutico]] moi axustado. Isto significa que a [[dose]] normal (un máximo ao día de 4 gramos en adultos) é próxima á sobredose<ref name=A>Antonio J. Arnal Meinhardt. [http://tudoctoronline.blogspot.com.es/#!/2012/09/el-acetamonofen-o-paracetamol-es-una.html El Acetamonofén o Paracetamol es una fármaco para toda la familia] ''Rev TuDoctorOnline. Consultado 18 de setembro de 2012.</ref>., facendo del un composto perigoso. Unha dose única de paracetamol de 10 [[gramo|g]] ou doses continuadas de 5 g/día nun non consumidor de alcol con boa saúde, ou 4 g/día nun consumidor habitual de alcol, poden causar danos importantes no fígado. Sen un tratamento adecuado no momento oportuno, a sobredose ou a dose case normal de paracetamol pode dar como resultado un fallo hepático (insuficiencia hepática) seguido da morte inevitable. Debido á ampla dispoñibilidade sen receita do paracetamol (acetaminofen) -como Especialidade Farmacéutica Publicitaria, EFP=OTC (OTC nos EEUU)-, este utilizouse en moitos intentos de [[suicidio]]. O antídoto específico da intoxicación por paracetamol - ou acetaminofen - é a Acetil-Cisteína por vía intravenosa. A FDA -axencia para medicamentos e alimentos dos EEUU - pediu a todos os laboratorios que deixasen de comercializar paracetamol - acetaminofen - en doses unitarias superiores a 650 mg; doses totais diarias de 3.000 mg (3gr) poden ser moi tóxicas ou mortais para algunhas persoas.<ref>Da Oliva, S.; Cánovas, A.; Mencías, E. (2001). "Revisión das intoxicacións por paracetamol consultadas ao Servizo de Información Toxicolóxica. Comunicación presentada no ''XIV Congreso Español de Toxicoloxía''. Murcia, 26-28 de setembro de 2001". ''Revista de Toxicoloxía''. ISSN: 1697-0748, '''18''' (3): 183. [http://www.aetox.com/wp-content/revista/revtox.18.3/revtox.18.3.clinica.pdf Dispoñible en liña].</ref>