Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 54:
===Apollo 5. Saturn 1B. AS-204===
[[Ficheiro:Apollo 5 on pad.jpg|miniatura|dereita|250px|Apollo V.]]
{{AP|Apollo 5}}
O Apollo 5 lanzouse dende a torre 37-B de Cabo Cañaveral ás 17:48:08 do luns [[22 de xaneiro]] de [[1968]]. Foi unha misión non tripulada, a primeira proba do Módulo Luar do Apollo nunha órbita terrestre, realizando 4 órbitas. Non se puido recupera-la cápsula de mandos.
 
===Apollo 6. Saturn V. AS-502===
{{AP|Apollo 6}}
O Apollo 6 lanzouse dende a torre de lanzamentos 39-A de Cabo Cañaveral ás 07:00:01 do xoves [[4 de abril]] de 1968. O voo de proba non tripulado en que culminou nesta misión foi o segundo cun foguete Saturn V. Aínda que o vehículo de lanzamento tivo problemas, a nave Apollo funcionou correctamente, cun [[apoxeo]] de 367 km e un [[perixeo]] de 178 km. Aterrou no [[océano Pacífico]], xusto no punto definido e recuperado polo buque Okinawa do [[U.S.S.]]. Os cinco motores da primeira fase do foguete Saturn V consumían 12,9 toneladas de combustible por segundo. A forza propulsora xerada por eses cinco motores era de 168.600 newtons, o que equivale ó empuxe de 160 reactores de Boeing 747. O peso total do Saturn V no momento do seu lanzamento, incluído o combustible, era de 3.000 toneladas. A misión durou 10 horas, 22 minutos 59 segundos.
 
===Apollo 7. Saturn 1B. AS-205===
{{AP|Apollo 7}}
O Apollo 7 foi lanzado dende a torre de lanzamentos 34 de Cabo Cañaveral, ás 11:02:43 do venres [[11 de outubro]] de 1968. Foi o primeiro voo tripulado do proxecto Apollo mediante o sistema propulsor Saturn 1B, na súa primeira proba con tripulación. Os astronautas Walter M. Schirra (comandante), R. Walter Cunningham (piloto do módulo luar) e Donn F. Eisele (piloto do CSM). Donn foi substituído no Apollo 1, por unha lesión no ombro nun simulador. O módulo de comando fora redeseñado despois do incendio en que perderan a vida Grissom, White e Chafee.
 
Liña 67 ⟶ 70:
 
===Apollo 8. Saturn V. AS-503===
{{AP|Apollo 8}}
O foguete foi lanzado ás 7:51:00 do sábado [[21 de decembro]] de 1968 dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy, e tres días despois estaba en órbita lunar. A tripulación da misión Apollo 8, pasou á historia por se-la primeira en escapar á gravidade terrestre e realizar un viaxe de case 400.000 km até a Lúa, dando dez voltas arredor da mesma. Os astronautas Bormam, Lovell e Anders dedicáronse a localizar posibles lugares de aluaxe. Neste intre a misión consistía en aplicar unha inxección translunar ás 2:56:05.5 horas facendo que a nave alcanzase 376.745 km de distancia máxima da Terra; inxección en órbita lunar ás 69:08:20 horas que faría que a nave orbitase a 312 km por 111 km da Lúa; despois de facer 20 horas e 10 órbitas o redor do satélite recibe unha nova inxección transterrestre ás 89:19:17 horas que devolve a nave cara á Terra.
 
Liña 74 ⟶ 78:
 
===Apollo 9. Saturn V. AS-504===
{{AP|Apollo 9}}
O Apollo 9 despegou ás 11 da mañá do 3 de marzo de 1969 dende a torre 39-A, tripulado por McDivitt, Scott, Schweickart. O seu principal obxectivo era realizar probas de separación, atopo e acople do módulo luar (ML) de aterraxe, en órbita terrestre, pilotado por primeira vez no espazo por McDivitt nunha misión de 151 voltas á Terra. Durante un paseo espacial de 38 minutos, Schweickart probou por primeira vez o sistema de soporte vital do Apollo. Antes da aluaxe. A nave describiu unha órbita de 192 por 190 km.
 
Liña 79 ⟶ 84:
 
===Apollo 10. Saturn V. AS-505===
{{AP|Apollo 10}}
O voo do Apollo X partiu ás 0:49 do sábado [[18 de maio]] de 1969, dende a torre de lanzamentos 39-A do Centro Espacial Kennedy, levando a bordo o astronauta Stafford, o capitán de corbeta John W. Young e o capitán de fragata Eugene A. Cernan. Deu 31 voltas á Lúa, en preparativos para a posterior aluaxe, nunha órbita de 190 por 184 km. Segundo estaba planeado, Stafford e Cernan trasladáronse dende o módulo de comando Charlie Brown do Apollo (MC) ó módulo luar Snoopy, co que descenderon até unha distancia de 8 km da superficie da Lúa, mentres o astronauta Young pilotaba o módulo de comando. Despois, na fase ascendente, realizaron con éxito as manobras de aproximación e acoplamento ó módulo de comando, entraron nel e abandonaron o módulo luar, acendendo os foguetes para regresar á Terra. A misión durou 8 días, 3 minutos e 23 segundos (192:03:23).
 
Liña 93 ⟶ 99:
 
===Apollo 12. Saturn V. AS-507===
{{AP|Apollo 12}}
O voo saíu ás 11:22 do venres [[14 de novembro]] de 1969 da torre 39-A de Cabo Cañaveral, levando a bordo os astronautas Charles Conrad, Richard F. Gordon e [[Alan Bean|Alan L. Bean]]. Unha vez en órbita lunar, Conrad (piloto e comandante) e Bean (piloto do módulo luar), pasaron a este último. Pousaron ó norte da cadea montañosa Riphaeus (no océano das Tormentas, a 3º S 23º 27' W, a uns 180 metros do lugar onde o fixera dous anos antes o Surveior 3. Os dos astronautas exploraron as inmediacións, en dúas fases de case catro horas cada unha. Nunha delas ocorreu o seguinte: ''-Hei! Aí está! Aí está! Oh, meu deus! Xusto no medio do camiño! Non podo crelo! Sorprendente! Fantástico!'' "Pete" Conrad xunto ó Surveior 3. No fondo, o módulo lunar Intrepid e unha antena parabólica para transmitir TV e datos á Terra.
 
Liña 99 ⟶ 106:
 
===Apollo 13. Saturn V. AS-508===
{{AP|Apollo 13}}
O Apollo 13 foi lanzado ó espazo ás 13:13 do sábado 11 de abril de 1970, levando a bordo o veterano Lovell (o astronauta con máis horas no espazo (572) antes de enrolarse nesta misión, que xa estivera no Geminis 7, no Geminis 12 e no Apollo 8), xunto con Fred W. Haise e a John L. Swigert. Estaba previsto que a tripulación do Apollo 13 fose a terceira en pisar a Lúa, pero ás 22:00 (hora da costa oeste) do luns 13, cando o Apollo estaba a 370.000 km da Terra, con destino de aterrar na rexión lunar de Fra Mauro, tivo lugar unha avaría nun tanque de osíxeno. Instantes despois soaba no centro base da NASA a comunicación ''«Houston, temos un problema»''. O segundo tanque de osíxeno explotara, rematando a fonte elemental para a respiración da tripulación. Dende o centro espacial de Houston deseñouse un plan de emerxencia para que os cosmonautas volvesen sans e salvos, utilizando os sistemas do módulo de mando para a navegación, corrección de rumbo e regreso a Terra, despois de dar a volta á Lúa sen aterrar nela.
 
Liña 106 ⟶ 114:
 
===Apollo 14. Saturn V. AS-509===
{{AP|Apollo 14}}
O Apollo 14 retomou a fracasada misión do seu predecesor, despois de efectua-las modificacións necesarias para evitar fallos como o ocorrido no Apollo 13. Foi lanzado o domingo 31 de xaneiro de 1971 dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy ás 16:03. Shepard e Edgar D. Mitchell aluaron con éxito co módulo luar Antares sobre a accidentada zona do cráter Fra Mauro (3º 37' S 17º 29' W), onde recolleron numerosas mostras de roca dunha rexión diferente ás que xa exploraran. Mentres, o astronauta Stuart A. Rossa permanecía en órbita luar pilotando o módulo de comando Kitti Hawk. O voo fíxose famoso porque antes de saír da Lúa, Shepard (que sacou dun dos petos do traxe espacial unha bóla de golf e a golpeou cunha extensión de recolle-las rocas, segundo súas palabras a bóla voou e voou varios quilómetros) e Mitchell, estiveron máis de nove horas explorando a zona, na que se atoparon os fragmentos de roca máis antigos, recollendo uns 43 kg de mostras xeolóxicas e instalando instrumentos científicos. Regresaron sen problemas á Terra o 9 de febreiro de 1971, onde aterraron a 7 km do punto prefixado as 16:05, no océano Pacifico. Foron recollidos polo U.S.S. New Orleans e o 12 de febreiro foron sometidos en Houston a unha corentena até o 26 do mesmo mes. A misión durou 9 días (216:01:57).
 
===Apollo 15. Saturn V. AS-510===
{{AP|Apollo 15}}
O Apollo 15 foi lanzado o luns 26 de xullo de 1971 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy, en Florida. Levaba a bordo o piloto de probas da USAF David R. Scott, que xa voara na Geminis 8 (1966) e no Apollo 9 (1969). Usou o primeiro automóbil luar, o Moon Rover, como comandante. Amais, ían o piloto da forza aérea James Benson Irwin (que soltou unha pluma e un martelo para demostrar que, como predixera [[Galileo]], caían á mesma velocidade no baldeiro) como piloto do módulo luar Falcon e Alfred M. Worden como piloto do módulo de comando Endeavour. Despois de aterrar no Hadley-Apennine (26º 5' N e 3º 39' E), Scott e Irwin pasaron dous días na Lúa e 18 horas fóra do módulo, á beira do mar Imbrium, próximos á fisura de Hadley, de 366 m de profundidade, e á cadea montañosa dos Apenninos, unha das máis altas da Lúa.
 
Liña 114 ⟶ 124:
 
===Apollo 16. Saturn V. AS-511===
{{AP|Apollo 16}}
Foi lanzada ás 12:54 do domingo 16 de abril de 1972. dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy. Os astronautas Young, (piloto naval, que xa participara en Geminis 3 e 10, no Apollo 10 e que repetiría no transbordador en 1981 e 1983), Duke (piloto da forza aérea, este foi o seu único voo) e [[Thomas Mattingly]] para explora-los Altos de Descartes e as planices de Cayley. Mentres Mattingly permanecía en órbita, no módulo de mando Casper os outros dous astronautas pousaron na zona prevista o 20 de abril, co módulo luar Orión; a de Descartes-Highlands nas coordenadas 8º 58' S e 15º 31' E. Pasaron 20 horas e 14 minutos na Lúa realizando probas, percorrendo 26,6 km no segundo vehículo luar Moon Rover, recollendo máis de 97 kg de mostras de rocas.