Giardia intestinalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 71:
 
==Historia e nome da especie==
Actualmente utilízanse para esta especie tres nomes: ''Giardia intestinalis'', ''Giardia lamblia'' e ''Giardia duodenalis'', o que pode levar a confusión, e é resultado da complexa historia da asignacion de nome deste parasito, que fai complicada a aplicación das regras de prioridade na denominación. O nome ''Giardia'' vén do científico [[Alfred Mathieu Giard]] , e ''lamblia'' vén do científico [[Vilem Dušan Lambl]]. Esta historia pode resumirse así:
* O [[trofozoíto]] de ''Giardia'' observouno por primeira vez en 1681 [[Antoni van Leeuwenhoek]] nas súas propias deposicións diarreicas. En observacións modernas comprobouse que cos microscopios de Leeuwenhoek é posible ver este parasito. <ref>{{Cite journal|author=Ford BJ |url=http://www.brianjford.com/Giardia-14-06.pdf |title=The discovery of ''Giardia'' |journal=The Microscope |year=2005 |volume=53 |issue=4 |pages=148–153}}</ref>
* O organismo foi despois descrito con detalle por [[Vilém Dušan Lambl]] en 1859. No seu honor déuselle máis tarde a denominación ''lamblia'' (como xénero ou como epíteto de especie), pero el non o chamou así, senón ''[[Cercomonas intestinalis]]'' (de aí procede o termo ''intestinalis'').