Tilacoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 67:
As proteínas enviadas aos tilacoides poden estar destinadas á membrana tilacoidal ou ao lume tilacoidal. As destinadas á membrana tilacoidal, unha vez que entran no cloroplasto, sofren a separación do seu primeiro péptido sinal de destino (amarelo) pola acción dunha [[protease]] que procesa proteínas importadas. Isto deixa exposto o segundo péptido sinal de destino (azul) e a proteína é exportada desde o estroma ao tilacoide nun segundo paso. Este segundo paso require a actuación de compoñentes de translocación de certas proteínas dos tilacoides e é dependente de enerxía. As proteínas son inseridas na membrana pola vía dependente de SRP (1 na figura), ou pola vía dependente de Tat (2), ou espontaneamente por medio dos seus dominios transmembrana (non mostrados na figura). As proteínas destinadas ao lume expórtanse a través das membranas tilacoidais cara ao lume por dúas posibles vías: pola vía dependente de Tat (2) ou pola dependente de Sec (3), e liberadas por corte (clivaxe) do péptido sinal de destino tilacoidal (azul).
 
As diferentes vías utilizan diferentes sinais e fontes de enerxía. A vía Sec (secretora) require ATP como fonte de enerxía e consta de SecA, que se une á proteína importada, e un complexo de membrana Sec para transportar a proteína a través da membrana. As proteínas cun motivo de [[arxinina]] xemelga no seu péptido sinal tilacoidal son transportadas pola vía Tat (translocación de arxinina xemelga, ''twin arginine translocation''), que require un complexo Tat unido a membranas e un gradiente de pH como fonte de enerxía. Algunhas outras proteínas son inseridas na membrana pola vía SRP ([[partícula de recoñecemento do sinal]], ''signal recognition particle''). OA SRP do cloroplasto pode interaccionar coas proteínas diana que ten que transportar de modo postraducional ou cotraducional, transportando así proteínas importadas e tamén as que son traducidas dentro do propio cloroplasto. A vía SRP require [[GTP]] e un gradiente de pH como fontes de enerxía. Algunhas proteínas transmembrana poden tamén inserirse espontaneamente na membrana desde o lado estromático sen requirimento de enerxía. <ref name="Gutensohn">{{cite journal |title=Toc, Tic, Tat et al.: structure and function of protein transport machineries in chloroplasts |journal=J. Plant Physiol. |volume=163 |issue=3 |pages=333–47 |year=2006 |pmid=16386331 |doi=10.1016/j.jplph.2005.11.009 |author1=Gutensohn M |author2=Fan E |author3=Frielingsdorf S |author4=Hanner P |author5=Hou B |author6=Hust B |author7=Klösgen R |author-separator=,}}</ref>
 
==Funcións dos tilacoides==