Paul Balban: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Artigo novo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2012 ás 23:25

Paul John Balban é un político xibraltareño, dietista rexistrado e ex-taxista. Foi elixido por primeira vez ao Parlamento de Xibraltar nas eleccións xerais de 2011 e agora é un ministro do Goberno de Xibraltar, membro do Partido Socialista Laborista de Xibraltar (GSLP). Está casado e ten tres fillas.

Infotaula de personaPaul Balban
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Xibraltar
Cargos
Ministro de Tráfico, Saúde e Seguridade e Servizos Técnicos
Datos persoais
País de nacionalidadeXibraltar Editar o valor em Wikidata
EducaciónOxford Brookes University (en) Traducir
King's College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDietista
Partido políticoPartido Socialista Laborista de Xibraltar
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Paul Balban está casado con Gina e ten tres fillas.[1] Durante moitos anos, traballou como taxista en Xibraltar, e foi tesoureiro do Comité da Asociación de Taxis de Xibraltar.[2] Estudou Nutrición e Ciencia dos alimentos na Oxford Brookes University e tamén ten un posgrao en Dietética do King's College de Londres. Máis tarde tornouse un nutricionista, practicando na Central Clinic, en Horse Barrack Lane, Xibraltar.[1]

Carreira política

Balban foi nomeado para a Executiva do GSLP en febreiro de 2007,[3] e foi un dos 10 candidatos da alianza GSLP-Liberais para participar nas eleccións xerais dese ano, pero non foi escollido como un dos dezasete membros do Parlamento.[4] Foi elixido ao goberno nas eleccións xerais de 2011 co 8.281 votos.[5] O ministro xefe acabado de elixir, Fabian Picardo, nomeou Balban como Ministro de Tráfico, Saúde e Seguridade e Servizos Técnicos.[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Paul Balban" (en inglés). Consultado o 13-10-2012. 
  2. Sonia Golt. 7 Days Gibraltar, ed. "Every Taxi driver locally is Gibraltar's Public Relations" (en inglés). Consultado o 13-10-2012. 
  3. The Key, ed. (20-02-2007). "Annual General Meeting of the GSLP" (en inglés). Consultado o 13-10-2012. 
  4. Panorama, ed. (12-10-2007). "Close result opens door to 4th term for GSD" (en inglés). Consultado o 13-10-2012. 
  5. Pepe Martinez. Campo de Gibraltar, ed. "La Coalición GSLP-LP gana las elecciones generales en Gibraltar" (en castelán). Consultado o 13-10-2012. 
  6. YGTV, ed. (12-12-2011). "New Government Announces Ministers’ Portfolios Today" (en inglés). Consultado o 13-10-2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas