Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
O RE é un centro de clasificación de moléculas proteicas. A maior parte das proteínas do retículo endoplasmático retéñense no orgánulo porque teñen unha secuencia de retención. Esta secuencia está formada por catro aminoácidos situados no extremo da proteína. A secuencia de retención máis común é lys-asp-glu-leu (ou KDEL). Porén, esta secuencia pode variar, polo que outras secuencias poden facer a mesma función. Non se sabe se estas variacións poden destinar a proteína a determinadas localizacións dentro do RE. Hai tres receptores para esta secuencia nas células de mamíferos, e teñen unha alto grao de homoloxía na súa secuencia.
 
As proteínas secretoras, principalmente [[glicoproteína]]s, móvense a través da membrana do retículo e son transportadas desde alí por toda a célula formando parte de [[vesícula]]s, e están marcadas cunha etiqueta que indica o seu destino, que é unha [[secuencia sinal]] (ou péptido sinal) de aminoácidos situada no extremo [[N-terminal]] do polipéptido. Esta secuencia sinal será eliminada cando a proteína chegue ao seu destino. Xeralmente, as vesículas dirixense ao aparato de Golgi.
O retículo endoplasmático facilita o pregamento das proteínas. O correcto pregamento das proteínas faise posible grazas a diversas proteínas do retículo como [[chaperona]]s, entre as que están a [[proteín disulfuro isomerase]] (PDI), ERp29, o membro da familia das [[Hsp70]] Grp78, [[calnexina]], [[calreticulina]], e a familia das peptidilpropil isomerases. Só as proteínas que teñen un pregamento correcto serán transportadas do RER ao aparato de Golgi.
Algunhas proteínas quedan inseridas na membrana do orgánulo xa durante a súa tradución, para o cal teñen unha secuencia sinaladora.