Disco celeste de Nebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 24:
 
== Lugar do descubrimento ==
O xacemento arqueolóxicoasentamento atopouse, segundo confesión dos implicados, no bosque de Ziegelrodaer. Fixéronse análises químicas do chan que coincidiron cos feitos na terra que estaba adherida no disco celeste; deste xeito os arqueólogos puideron confirmar que os descubridores dixeran a verdade. O monte Mittelberg é tradicionalmente rico en xacementossitios arqueolóxicos de varias etapas da humanidade e ofrece un dos recintos europeos con maior densidade de soterramentos da [[Idade de bronce]]; calcúlanse uns 800 [[túmulo]]s.
 
A partir dese intre, a oficina federal de Saxonia-Anhalt impulsou unha campaña para a escavación do lugar que obtivo moi bos resultados. Descubriuse que non se trataba de ningún soterramento senón dun depósito onde se abandonaron as pezas dentro dunha cista (vaso metálico con tapa que se empregaba pra gardar obxectos preciosos), sen ningunha orde. Este tipo de depósito adoita ser bastante común entre os homes da Idade do Bronce e coñécense bastantes exemplos. Crese que poidan ser ofrendas aos deuses.