Membrana plasmática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''membrana citoplasmática''' ou '''plasmática''' é unha estrutura laminar que envolve o [[citoplasma]] de todas e cada unha das células, e serve de límite co medio exterior. As membranas internas dos [[orgánulo]]s da célula teñen unha estrutura parecida. É unha [[bicapa lipídica]] con [[proteína]]s que serve de "contedor" para os contidoscompoñentes da célula, así como protección mecánica. Está formada pricipalmente por [[lípido]]s e [[proteína]]s. Esta barreira presenta unha permeabilidade selectiva, o cal permite "seleccionar" as [[moléculas]] que entran e saen da célula. Ten tamén moléculas que serven para comunicarse co seu medio, como receptores de hormonas e outros ligandos ou antíxenos. Vista ao [[microscopio]] electrónico presenta entre dúas capas escuras unha central máis clara.
 
Nas células procariotas e nas de eucariontes osmótrofos como [[plantas]] e [[Fungo (bioloxía)|fungos]], sitúase baixo outra capa, nomeada [[parede celular]].
[[Ficheiro:Lipid bilayer section.gif|dereita|miniatura|200px|Na imaxe pódense ver os movementos das moléculas da bicapa lipídica]]
 
== Composición ==
A membrana plasmática está composta por [[proteína]]s, [[lípido]]s e [[glícido]]s, cuxas masas gardan proporcións aproximadas de 50%, 40% e 10% respectivamente. As moléculas máis numerosas son as de lípidos, xa que se cre que por cada 50 lípidos hai unha proteína. Non obstante, as proteínas, debido ó seu maior tamaño, representan aproximadamente o 50% da masa da membrana. Entre as proteínas, o 80% son intrínsecas, mentres que o 20% restantes son extrínsecas. Das proteínas pódense atopar as translocadoras ou as [[enzima]]s asociadas a membrana, entre outras.