Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
recupero edición prevandalizada
Liña 1:
[[Ficheiro:U20-WorldCup2007-Okotie-Onka.JPG|miniatura|300px|O atacante austríaco [[Rubin Okotie]] tenta marcar un gol contra o equipo do Congo, no Campionato Mundial de Fútbol Sub-20 2007. Foto obtida no [[Commonwealth Stadium]], en [[Edmonton]], [[Alberta]], no [[Canadá]].]]
by juanxo
 
and
O '''fútbol''' é un [[deporte]] por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a ''Fédération Internationale de Football Association'' ([[FIFA]]). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de [[Europa]], [[África]] e [[Sudamérica]] son os que dominan o xogo a nivel internacional.
by: Maxitox
 
and
A [[FIFA]] é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á [[UEFA]]; en África á [[CAF]]; en América do Norte, Central e Caribe, á [[CONCACAF]]; en Sudamérica á [[CONMEBOL]]; en Asia á [[AFC]]; e en Oceanía á [[OFC]].
www.ak-47.es
 
Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o [[Mundiais de Fútbol|Copa do Mundo]], polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a [[Copa Mundial de Clubs da FIFA]], que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga [[Copa Intercontinental]].
 
== Nome ==
O nome '''fútbol asociado''' empregouse por vez primeira cando a [[Asociación de Fútbol]] estableceu as regras do xogo, para distinguilo das moitas versións de fútbol que existían entón. A palabra '''soccer''' (denominación que recibe o fútbol en [[lingua inglesa|inglés]]) é unha abreviación coloquial do termo ''Association'' e apareceu nos [[anos 1880]]. A súa orixe débese a un estudante de [[Oxford]] chamado [[Charles Wreford Brown]], quen xogou para a [[Selección de fútbol de Inglaterra|selección inglesa]] e chegou ó posto de vicepresidente da Asociación de Fútbol. O termo ''fútbol asociado'' case non se usa na actualidade, mais algúns equipos e institucións aínda o empregan nos seus nomes oficiais.
 
A finais do [[século XIX]], '''soccer''' era a palabra coas que as clases altas se referían ao xogo, practicado nas escolas privadas, namentres que a clase traballadora empregaba o termo fútbol. O deporte chegou ó resto do mundo grazas ós inmigrantes británicos e os países que recibiron o deporte adoptaron o termo inglés. Así, pasou a ser ''fußball'' en [[lingua alemá|alemán]], ''voetbal'' en [[lingua neerlandesa|holandés]], ''fotbal'' nas linguas escandinavas, ''futebol'' en [[Lingua portuguesa|portugués]] e ''fútbol'' en [[lingua castelá|castelán]]. En [[Lingua francesa|francés]], a palabra non se modificou e a actividade coñécese como ''le football'' (con frecuencia abreviado a ''le foot''), aínda que en [[Quebec]] se coñece como ''le soccer''. En [[Italia]], un ritual da corte [[Florencia - Firenze|florentina]] coñecido como ''[[il calcio storico]]'' era semellante abondo ó deporte, e decidiron emprega-la palabra ''calcio'' para nomear a actividade.
 
En [[Gran Bretaña]], ó fútbol chámaselle coloquialmente '''footie'''.
 
Hoxe en día, a palabra '''soccer''' é empregada polos países anglofalantes que desenvolveron as súas propias regras para o fútbol. Estas non gardan relación coas regras do fútbol asociado, senón coas do seu antepasado común. Os seguintes países son os que teñen as súas propias regras para o fútbol:
 
:* [[Australia]] - véxase [[fútbol australiano]].
:* [[Canadá]] - véxase [[fútbol canadense]].
:* [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] - véxase [[fútbol americano]].
:* [[Irlanda]] - véxase [[fútbol gaélico]].
 
== Historia do fútbol ==
{{Ver artigo principal|Historia do fútbol}}
Aínda que se coñecen indicios de deportes semellantes nas civilizacións prehispánicas de [[América]], ou en [[China]] e [[Xapón]], o fútbol moderno tivo a súa orixe en [[Inglaterra]] no [[século XIX]], e foise estendendo paulatinamente ó resto dos países europeos. A [[FIFA]] créase nos primeiros anos do [[século XX]], e a partir de aí a súa popularidade medra imparablemente. En [[1928]], a FIFA decide crear unha [[Mundial de Fútbol Uruguai 1930|competición mundial]] de seleccións nacionais e acorda que se celebre en [[Uruguai]], que era a campioa olímpica, en [[1930]].
 
== As regras do xogo ==
 
{{Ver artigo principal|Regras do fútbol}}
[[Ficheiro:Football-PSG-Caen.jpg|miniatura|250px|dereita|Partido [[Paris Saint Germain]] - Caen, no estadio do ''Parque dos Príncipes'' en [[París]].]]
As regras oficiais do fútbol divídense en dezasete epígrafes:
 
* 1. O terreo de xogo.
* 2. O balón.
* 3. O número de xogadores.
* 4. A equipación dos xogadores.
* 5. O árbitro.
* 6. Os asistentes do árbitro.
* 7. A duración do partido.
* 8. O inicio e reanudación do xogo.
* 9. O balón en xogo ou fora de xogo.
* 10. O gol.
* 11. O fóra de xogo.
* 12. Faltas e sancións.
* 13. Tiros libres.
* 14. [[Penalti]]s.
* 15. Fóra de banda.
* 16. Saque de porta.
* 17. Saque de esquina.
 
Coma resumo, pódese dicir:
 
Nun partido de fútbol enfróntanse dous equipos formados por 10 xogadores e un porteiro cada un. Dise que un equipo mete un [[gol]] cando o balón traspasa totalmente a liña de gol da [[portería]] contraria. O obxectivo do xogo é marcar máis goles có contrario.
 
O único xogador que pode toca-lo balón coas mans durante o xogo é o porteiro ou gardameta, sempre e cando se manteña dentro da súa [[área]] (zona próxima á portería).
 
O tempo de xogo divídese en dous períodos de 45 minutos separados por un descanso de 15. Dependendo das interrupcións acontecidas ó longo do período de xogo o árbitro pode engadir uns minutos en cada un dos tempos.
 
== Equipos ==
 
* [[Seleccións nacionais de fútbol|Seleccións nacionais]].
* [[Equipos de club]].
 
== Competicións máis importantes ==
[[Ficheiro:Ryan Valentine scores.jpg|miniatura|250px|Momento do lanzamento dunha pena máxima, acadando un gol.]]
=== Seleccións ===
A nivel de seleccións nacionais, o torneo máis importante é a [[Copa Mundial de Fútbol]], que se disputa desde [[1930]]. Previo á creación da [[Copa Mundial de Fútbol|Copa Mundial]], en particular durante os anos [[1920]], a competición de fútbol dos [[Xogos Olímpicos]] era considerada a máxima competición do deporte, aínda que na actualidade mantense como un torneo secundario onde se permiten xogadores menores de 23 anos, con ata 3 xogadores que excedan ese límite de idade por equipo. A nivel [[feminino]], o equivalente da Copa Mundial é a [[Copa Mundial Feminina de Fútbol]].
 
A nivel das confederacións da [[FIFA]], os torneos máis importantes son a [[Copa América]] ([[América do Sur]]) e a [[Eurocopa]] ([[Europa]]); e, situándose a un nivel inferior, atópanse a [[Copa Africana de Nacións]] ([[África]]), a [[Copa de Ouro da Concacaf]] ([[América do Norte]], [[América Central|central]] e o [[Antillas|Caribe]]), a [[Copa Asiática]] ([[Asia]]) e a [[Copa das Nacións da OFC]] ([[Oceanía]]).
 
O torneo máis importante para xogadores novos é a [[Copa Mundial de Fútbol Sub-20]], a cal recibe a equipos clasificados desde o [[Campionato Suramericano Sub-20]] ([[América do Sur]]), o [[Campionato europeo da UEFA Sub-19]] ([[Europa]]), o [[Campionato Xuvenil Africano|Campionato Xuvenil da CAF]] ([[África]]), o [[Campionato Sub-20 da Concacaf]] ([[América do Norte]], [[América Central|central]] e o [[Antillas|Caribe]]), o [[Campionato Xuvenil da AFC]] ([[Asia]]) e o [[Campionato Sub-20 da OFC]] ([[Oceanía]]).
 
=== Clubs ===
En cada país os clubs de fútbol adoitan federarse en asociacións ou ligas que organizan torneos oficiais entre eles, de onde xorden os campións de cada país e os equipos que participarán en torneos internacionais. Non existe un sistema único de torneos e cada liga nacional organízaos de acordo ás súas tradicións. En xeral, a maioría dos países teñen dous torneos principais ao ano: [[Arxentina]] (Clausura e Apertura), [[México]] (Apertura e Clausura), [[Colombia]] (Apertura, Finalización e Copa Colombia), [[España]] ([[Primeira División Española|A Liga]] e [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]]), [[Italia]] ([[Lega Calcio Serie A|Serie A]] e [[Copa Italia]]), etc. Nalgúns casos os campións de ambos os torneos disputan "supercopas" anuais e "recopas" entre si, como a [[Supercopa de España de Fútbol|Supercopa de España]]. [[Inglaterra]] ten un sistema de campionato principal (a [[Premier League]]) e logo varias copas nas que participan equipos de distintas divisións. [[Brasil]] ten un sistema de campionatos por [[Estados de Brasil|Estado]] ([[Campionato Paulista|paulista]], [[Campionato Carioca|carioca]], [[Campionato Mineiro|mineiro]], [[Campionato Gaúcho|gaúcho]], etc.), ademais de ter un Campionato Nacional ([[Brasileirãou]]).
 
Internacionalmente a competición máis importante historicamente foi a [[Copa Intercontinental]], que foi substituída en [[2005]] pola [[Copa Mundial de Clubs da FIFA]].
A nivel continental as competicións máis importantes son a [[Copa Libertadores de América]] ([[América do Sur]]) e a [[Liga de Campións da UEFA]] ([[Europa]]), torneos cuxos gañadores disputaban a [[Copa Intercontinental]]. A partir de [[2005]] a recentemente creada [[Copa Mundial de Clubs da FIFA]] tamén recibe aos gañadores da [[Liga de Campións da CAF]] ([[África]]), a [[Copa de Campións da Concacaf]] ([[América do Norte]], [[América Central|central]] e o [[Antillas|Caribe]]), a [[Liga de Campións da AFC]] ([[Asia]]) e a [[Liga de Campións da OFC]] ([[Oceanía]]).
Tamén a nivel continental destácanse as competicións ''secundarias'' de [[América do Sur]] e [[Europa]]: a [[Copa Suramericana]] e a [[UEFA Europa League]] (antiga ''Copa da UEFA''), respectivamente.
 
== Xogadores ==
=== Xogadores míticos ===
 
* [[Pelé]].
* [[Diego Armando Maradona]].
* [[Johan Cruyff]].
* [[Alfredo Di Stéfano]].
* [[Lev Yashin]].
* [[Franz Beckenbauer]].
* [[Eusébio]].
* [[Michel Platini]].
* [[Gerd Müller]].
* [[Ferenc Puskás]].
* [[Garrincha]].
* [[Zinedine Zidane]].
* [[Leo Messi]].
 
=== Xogadores galegos destacados ===
 
* [[Juan Acuña|Acuña]].
* [[Amancio Amaro|Amancio]].
* [[Borja Oubiña]].
* [[Fran]].
* [[Luis Suárez]].
* [[Nacho Novo]].
 
== Variantes ==
[[Ficheiro:Futsal Wiki.jpg|250px|miniatura|Partido de [[fútbol sala]] en [[Alemaña]].]]
[[Ficheiro:Bossaball-wiki-2.jpg|250px|miniatura|Partido de [[bossaball]] en [[España]].]]
Existen moitas variantes do fútbol, entre as que destacan as seguintes:
* '''[[Fútbol sala]]''': xógase entre dous equipos de 5 xogadores cada un, sendo un deles o gardameta. Xóganse dous tempos de 20 minutos cada un. Cada encontro xógase sobre unha superficie de material sólido duns 40 por 20 metros. O resto das regras son practicamente iguais ás do fútbol tradicional, con algunhas diferenzas, como a falta do fóra de xogo e o uso dos pés para efectuar saques de banda.
* '''[[Fútbol praia]]''': participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o gardamallas. Xógase nun campo duns 35 por 25 metros, o cal está cuberto integramente por area. Cada partido consta de tres tempos de 12 minutos cada un e a diferenza doutras variantes do fútbol ([[fútbol sala]] por exemplo), o tempo detense cando o árbitro marca un tiro libre, un [[penalti]], ou consta que un xogador está facendo pasar o tempo de forma inapropiada.
* '''[[Showbol]]''': xógase nun campo de 42 por 22 metros. Pode xogarse en dous tempos de 30 minutos e un entretempo de 15 minutos; ou tamén en catro tempos de 15 minutos cada cuarto. Entre as súas características destacan que durante o xogo os cambios de xogadores son ilimitados, e que a pelota mantense en xogo en forma permanente, debido a que rebota nunha parede que rodea o perímetro da cancha feita de acrílico transparente incluíndo a zona detrás dos arcos.
* '''[[Fútbol indoor]]''': xógase nun terreo de menores dimensións e con paredes como un elemento máis do xogo. Participan dous equipos de cinco xogadores cada un, sendo un deles o gardameta.
* '''[[Bossaball]]''': combina regras do fútbol tradicional e do [[voleibol]]. Baseado nas regras do voleibol, xógase sobre unha superficie de colchóns inchables e camas elásticas, e permite maior número de toques e moita maior espectacularidade nos saltos.
* '''[[Fútbol tenis]]''': combina aspectos e regras do fútbol e do [[tenis]]. Xógase cunha pelota de fútbol, utilizando calquera parte do corpo fóra das mans e brazos, do mesmo xeito que no fútbol. O xogo practícase nunha cancha de dimensións reducidas, cunha rede que divide en dúas o campo de xogo.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Posicións no fútbol]]
* [[FIFA 100]]
* [[Fútbol feminino]]
* [[Selección galega de fútbol]]
* [[Fútbol en España]]
 
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Football (Soccer)}}
* [http://www.fifa.com Sitio web da FIFA ]
* [http://www.futgal.es/index.php?idIdioma=1 Federación Galega de Fútbol]
 
[[Categoría:Fútbol| ]]
 
{{Link FA|en}}
{{Link FA|es}}
{{Link FA|fr}}
{{Link FA|hr}}
{{Link FA|ko}}
{{Link FA|ml}}
 
[[ace:Sipak bhan]]
[[af:Sokker]]
[[als:Fussball]]
[[am:እግር ኳስ]]
[[an:Fútbol]]
[[ang:Clīeƿen fōtball]]
[[ar:لعبة كرة القدم]]
[[arz:كورة قدم]]
[[ast:Fútbol]]
[[ay:Phutwul]]
[[az:Futbol]]
[[bar:Fuaßboi]]
[[bat-smg:Fotbuols]]
[[be:Футбол]]
[[be-x-old:Футбол]]
[[bg:Футбол]]
[[bjn:Main bal]]
[[bn:ফুটবল (সকার)]]
[[bo:རྐང་རྩེད་སྤོ་ལོ།]]
[[br:Mell-droad]]
[[bs:Nogomet]]
[[ca:Futbol]]
[[ceb:Saker]]
[[ckb:تۆپی پێ]]
[[co:Pallò]]
[[cs:Fotbal]]
[[cv:Футбол]]
[[cy:Pêl-droed]]
[[da:Fodbold]]
[[de:Fußball]]
[[diq:Futbol]]
[[el:Ποδόσφαιρο]]
[[en:Association football]]
[[eo:Futbalo]]
[[es:Fútbol]]
[[et:Jalgpall]]
[[eu:Futbol]]
[[ext:Fubu]]
[[fa:فوتبال]]
[[fi:Jalkapallo]]
[[fiu-vro:Jalgpall]]
[[fo:Fótbóltur]]
[[fr:Football]]
[[frp:Calço]]
[[fur:Balon]]
[[fy:Fuotbal]]
[[ga:Sacar]]
[[gan:腳球]]
[[gd:Ball-coise]]
[[gn:Vakapipopo (Jetepyso)]]
[[gu:અસોસિએશન ફુટબોલ]]
[[gv:Soccer]]
[[hak:Tsiuk-khiù]]
[[he:כדורגל]]
[[hi:फुटबॉल]]
[[hif:Association football]]
[[hr:Nogomet]]
[[hsb:Kopańca]]
[[ht:Foutbòl]]
[[hu:Labdarúgás]]
[[hy:Ֆուտբոլ]]
[[ia:Football]]
[[id:Sepak bola]]
[[ie:Football]]
[[ig:Footbọl]]
[[ilo:Pútbol]]
[[io:Futbalo]]
[[is:Knattspyrna]]
[[it:Calcio (sport)]]
[[iu:ᐊᔪᒃᑕᖅ]]
[[ja:サッカー]]
[[jv:Bal-balan]]
[[ka:ფეხბურთი]]
[[kaa:Futbol]]
[[kk:Футбол]]
[[km:បាល់ទាត់]]
[[kn:ಅಸ್ಸೋಸಿಯೆಷನ್ ಫುಟ್‌ಬಾಲ್]]
[[ko:축구]]
[[ksh:Foßball]]
[[ku:Futbol]]
[[kv:Коксяр]]
[[ky:Футбол]]
[[la:Pediludium]]
[[lb:Foussball]]
[[lbe:Футбол]]
[[lez:Футбол]]
[[li:Voetbal]]
[[lmo:Balun]]
[[ln:Motópi]]
[[lt:Futbolas]]
[[lv:Futbols]]
[[map-bms:Bal-balan]]
[[mg:Baolina kitra]]
[[mhr:Футбол]]
[[mk:Фудбал]]
[[ml:ഫുട്ബോൾ]]
[[mn:Хөлбөмбөг]]
[[mr:फुटबॉल]]
[[ms:Bola sepak]]
[[mt:Futbol]]
[[mwl:Bola (Çporto)]]
[[mzn:فوتوال]]
[[nah:Neicxitapayōlhuiliztli]]
[[nds:Football]]
[[nds-nl:Voetbal]]
[[nl:Voetbal]]
[[nn:Fotball]]
[[no:Fotball]]
[[nov:Futbale]]
[[nso:Kgwele ya maoto]]
[[oc:Fotbòl]]
[[os:Къахпорти]]
[[pa:ਫੁਟਬਾਲ]]
[[pcd:Football]]
[[pdc:Soccer]]
[[pl:Piłka nożna]]
[[pnb:فٹ بال]]
[[ps:فوټبال]]
[[pt:Futebol]]
[[qu:Piluta hayt'ay]]
[[rm:Ballape]]
[[ro:Fotbal]]
[[ru:Футбол]]
[[rue:Фотбал]]
[[rw:Umupira w’amaguru]]
[[sah:Футбол]]
[[sc:Calcio]]
[[scn:Palluni (sport)]]
[[sco:Fitbaa]]
[[se:Spábbačiekčan]]
[[sh:Fudbal]]
[[simple:Association football]]
[[sk:Futbal]]
[[sl:Nogomet]]
[[sm:Soka]]
[[sn:Nhabvu]]
[[so:Kubadda Cagta]]
[[sq:Futbolli]]
[[sr:Фудбал]]
[[stq:Foutbal]]
[[su:Sepak Bola]]
[[sv:Fotboll]]
[[sw:Mpira wa miguu]]
[[szl:Fusbal]]
[[ta:காற்பந்தாட்டம்]]
[[te:ఫుట్ బాల్]]
[[tg:Футбол]]
[[th:ฟุตบอล]]
[[tk:Futbol]]
[[tl:Futbol]]
[[tpi:Soka]]
[[tr:Futbol]]
[[tt:Футбол]]
[[uk:Футбол]]
[[ur:سوکر]]
[[uz:Futbol]]
[[vec:Bałon]]
[[vi:Bóng đá]]
[[vls:Voetbol]]
[[wa:Fotbale]]
[[war:Futbol]]
[[wo:Football]]
[[yi:פוטבאל]]
[[yo:Bọ́ọ̀lù-ẹlẹ́sẹ̀]]
[[za:Cukgiuz]]
[[zh:足球]]
[[zh-classical:足球]]
[[zh-min-nan:Kha-kiû]]
[[zh-yue:足球]]
[[zu:Ibhola]]