Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
engado algo de etimoloxía
Liña 2:
[[Ficheiro:Tarasca.jpg|miniatura|240px|A Tarasca de Santa Marta, procesión do ''[[Corpus Christi]]'' en [[Valencia - València|Valencia]].]]
A '''coca''' ou '''tarasca''' é un ser da [[mitoloxía galega]] que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos [[morcego]]s. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
 
== Etimoloxía ==
A primeira referencia documentada do termo '''coca''' é a de ''coquetriz'' atopada nun texto galego de [[Ourense]] datado en 1437. O texto dicía que a ''coquetriz'' era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do ''Corpus''. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra [[lingua latina|latina]] ''cocatrix'', é dicir [[crocodilo]]. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, ''coqa'' e ''qoqa''.<ref>{{Cita web |url=http://www.turismoredondela.es/gal_f_coca.php |título=Festa da Coca ´2012 |editor= Concello de Redondela|dataacceso=8 de agosto de 2012}}</ref>
 
O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', topónimo da localidade de [[Tarascon-sur-Ariège]], en [[Ariège]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]].
 
== Lenda ==