Nudez na arte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Hugo22 (conversa | contribucións)
Liña 59:
En [[Grecia]] desenvolvéronse as principais manifestacións artísticas que marcaron a evolución da arte occidental. Tras uns inicios onde destacaron as culturas [[Arte minoica|minoica]] e [[Arte micénico|micénica]], a arte grega desenvolveuse en tres períodos: arcaico, clásico e [[Arte helenística|helenístico]]. Grecia foi o primeiro lugar onde se representou o corpo humano dunha forma naturalista, lonxe do hieratismo e a esquematización das culturas precedentes. Para os gregos, o ideal de beleza era o corpo masculino espido, que simbolizaba a mocidade e a virilidade, como os atletas dos [[Xogos Olímpicos Antigos|Xogos Olímpicos]], que competían espidos. O espido grego era á vez naturalista e idealizado: naturalista en canto á representación fidedigna das partes do corpo, pero idealizado en canto á procura dunhas proporcións armoniosas e equilibradas, rexeitando un tipo de representación máis real que amosase as imperfeccións do corpo ou as engurras da idade.<ref>{{Harvsp|Newall|2009|p=22.}}</ref>
 
O primeiro expoñente do espido masculino constitúeno un tipo de figuras que representan a atletas, deuses ou heroes mitolóxicos, chamadas ''[[Kurós|kouros]]'' (''kouroi'' en plural), pertencentes ao período arcaico (séculos [[século VII a. C.|século VII&nbsp;a.&nbsp;C.]]-[[século V a. C.|século V&nbsp;a.&nbsp;C.]]) -a súa variante feminina é a ''[[koré (escultura)|koré]]'' (''korai'' en plural), que con todo adoitaban representar vestida-. Posteriormente, o espido tivo un lenta pero constante evolución dende as formas ríxidas e xeométricas dos ''kouroi'' até as liñas suaves e naturalistas do período clásico, cun novo concepto á hora de deseñar a escultura, pasando da idealización á imitación. Nesta época xurdiron as principais figuras da escultura clásica grega: [[Mirón]], [[Fidias]], [[Policleto]], [[Praxíteles]], [[Escopas]], [[Lisipo]], etc.<ref>{{Harvsp|Clark|1996|pp=41-45.}}</ref> Durante o período [[Arte helenísticohelenística|helenístico]] -iniciado co reinado de [[Alexandre Magno]], na que a cultura grega espallouse por todo o Mediterráneo oriental-, as figuras adquiriron un maior dinamismo e torsión do movemento, que denotaban sentimentos exacerbados e expresións tráxicas, rachando co sereo equilibrio da época clásica, como na súa obra cume, o ''[[Laocoonte e os seus fillos]]'' ([[século II a. C.|século II&nbsp;a.&nbsp;C.]]).<ref>{{Harvsp|Clark|1996|p=219.}}</ref>
 
==== Roma ====