Ledesma, Boqueixón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
==[[Illas de Gres]]==
No río hai catro ínsuasinsuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval ou romana) que cruzan o río pasadas As Insuas, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias insuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á insua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta insua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta insua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor [[Xosé Neira Vilas]], natural de [[Gres]]. Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Insua dos namorados" (por evidentes razóns), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán.
 
Existe unha discusión permanente sobre a propiedade administrativa das insuas: uns veciños din que son de [[Gres, Vila de Cruces|Gres]], na [[provincia de Pontevedra]], mentres que outros reclámana para Ponteledesma, [[Provincia da Coruña|da Coruña]]. O único claro é que as dúas vilas forman unha continuidade habitada onde o único criterio para distinguir partes nela é o da división do río, tan artificiosa coma relativa, pois os veciños das dúas bandas do río se relacionan sen máis problemas.