Maria João Pires: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Sendo moi noviña aprendeu a tocar o [[piano]]. Aos cinco anos deu o seu primeiro recital e aos sete tocou publicamente concertos de [[Mozart]]. Con nove anos recibiu o premio da Xuventude Musical Portuguesa. Entre [[1953]] e [[1960]] estudou co Profesor Campos Coelho no [[Conservatorio de Lisboa]]. Proseguiu os estudos musicais na [[Alemaña]], primeiro na Musikakademie na cidade de [[Múnic]] con Rosl Schmid e depoisdespois en [[Hannóver]] con Karl Engel.
 
Maria João Pires foi recoñecida internacionalmente ao vencer o concurso internacional do bicentenario de [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]] en [[1970]], que se realizou na cidade de [[Bruxelas]] ([[Bélxica]]).
Liña 8:
Ao longo da súa carreira realizou numerosas digresións onde interpretou obras de [[Johann Sebastian Bach|Bach]], [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], [[Robert Alexander Schumann|Schumann]], [[Schubert]], [[Mozart]], [[Brahms]], [[Chopin]] e moitos outros compositores dos períodos clásico e romántico. Maria João Pires foi convidada con regularidade polas grandes orquestras mundiais para tocar nas mellores salas de concerto de Europa, Canadá, Xapón, Israel e dos Estados Unidos.
 
A pianista ten desolvidorealizado actividadeactuacións tanto a nivel individual (recitais, concertos, gravacións) como en [[música de cámara]]: dos numerosos éxitos discográficos, destacan as gravacións "Moonlight", con Sonatas de Beethoven; "Le Voyage Magnifique", integral dos Impromptus de Schubert; Nocturnos e outras obras de Chopin; Sonatas de Grieg; e os Trios de Mozart con [[Augustin Dumay]] ([[violín]]) e [[Jiang Wang]] ([[violoncello]]).
 
É a fundadora e dirixente do [http://www.belgais.org/ ''Centro de Belgais para o Estudo das Artes]'', no concello de [[Castelo Branco]], de cariz pedagóxico, cultural e social.
 
Foi distinguida co [[Premio Pessoa]] no ano [[1989]].
 
No ano [[2006]] a pianista mudouse ao [[Brasil]] tendo declarado que sufriu moito en [[Portugal]] debido ao seu proxecto, o ''Centro de Belgais para o Estudo das Artes''. No Brasil adquiriu unha casa nos arredores da cidade de [[Salvador, Brasil|Salvador]], capital do [[Bahia|estado da Bahia]].
 
==Véxase tamén==