Arthur Wellesley, duque de Wellington: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.5.4) (Bot: Modifico: ca:Arthur Wellesley, 1r duc de Wellington |
corrixo |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Francisco de Goya y Lucientes 073.jpg|dereita|250 px|miniatura|Arthur Wellesley por [[Francisco de Goya]] (1812)]]
'''Arthur Wellesley''', 1º '''Duque de Wellington''', nado en [[Irlanda]] o [[1 de maio]] de [[1769]] e falecido no [[castelo de Walmer]], en [[Kent]] ([[Inglaterra]]), o [[14 de setembro]] de [[1852]]) foi un militar do exército británico e
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, especialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
== Orixes ==
Arthur Wellesley
▲Arthur Wellesley, era o terceiro fillo de Garret Wesley, 1º conde de Mornington. Cóidase que naceu, ben en [[Dublín]], ben nas posesión familiares do condado de [[Meath]], [[Irlanda]], naquela altura posesión británica. A data do seu nacemento non se coñece con certeza; aínda que el celebraba o 1 de maio, corresponde ao rexistro parroquial, e o normal era bautizar varios días despois do natalicio. O seu nome orixinal, Arthur Wesley foi cambiado legalmente en marzo de [[1798]].
Wellesley estudou en [[Eton]] de [[1781]] a [[1785]], e máis tarde foi enviado a [[Bruxelas]] para completar a súa educación. En [[1787]], seu pai comproulle un emprego de alférez no rexemento de infantería 73º. Logo dun primeiro período de instrución no [[Reino Unido]], ingresou na escola militar de [[Angers]], en [[Francia]].
De [[1787]] a [[1793]], foi axudante de campo de dous sucesivos Lord Lieutenant de Irlanda. En 1788 foi ascendido a [[tenente]]. En [[1790]], foi elixido deputado (independente) de [[Trim]],
Progresou rapidamente no exército —en boa medida mercé ao sistema da época, polo cal os oficiais podían (e con frecuencia debían) comprar o seu grao—, de xeito que en [[1793]], ascendeu a [[tenente coronel]] no 33º rexemento de infantería. Combateu nos [[Países Baixos]] entre [[1794]] e [[1795]]. Pertenceu tamén á [[masonería]].
Liña 17 ⟶ 16:
En 1796, despois de ser promovido a coronel, marcha co seu rexemento para a [[India]]. No ano seguinte, seu irmán maior, [[Richard Wellesley]], conde de Mornington, é nomeado gobernador xeral da India. Cando estoura a guerra en [[1799]] contra o sultán de [[Mysore]], [[Tipû Sâhib]], Arthur Wellesley manda unha división propia. Foi nomeado gobernador de [[Seringapatam]] e de [[Mysore]], posto que manterá até [[1805]]. Grazas ás súas vitorias militares, foi designado comandante supremo (político e militar) do [[Decán]], obtendo novas vitorias, especialmente contra o xefe bandoleiro [[Dundiat Wagh]] e contra os [[marathas]] en [[1803]]. En [[1804]] é ordenado cabaleiro da [[Orde de Bath]]. Cando o seu irmán cesa no mandato en 1805, Arthur retorna ao Reino Unido canda el.
En 1806, Wellesley é
== Guerra contra Napoleón ==
Wellesley servíu na desgraciada expedición conxunta anglo-rusa ao Norte de [[Alemaña]] en [[1805]]. Despois da [[batalla de Austerlitz]], retornaron sen cumprir os abxectivos. A actuación como comandante suplente nunha expedición a [[Dinamarca]], en [[1807]], valeulle o ascenso a tenente xeneral.
No ano seguinte, Wellesley estaba a prepararse para comandar unha expedición
Aínda que a guerra non era moi favorábel, era o único sitio onde os británicos e os seus máis antigos aliados, os portugueses, eran capaces de plantarlle cara aos franceses e os seus coligados. Wellesley enviou un memorial a [[lord Castlereagh]] acerca da defensa de Portugal, subliñando o valor das súas fronteiras montañosas e defendendo o papel de Lisboa como base principal, xa que a armada británica podería convertela en inexpugnábel. Castlereagh e o seu goberno aprobaron o documento, nomeándoo xefe de
Rapidamente reforzado, Wellesley iniciou a ofensiva en abril de 1809. Primeiro atravesou o [[río Douro|Douro]] cun brillante "golpe de man" ([[Segunda batalla de Porto]]), derrotando as tropas francesas acantonadas na [[Porto, Portugal|cidade]], e uníndose ás tropas españolas mandadas polo xeneral [[Gregorio García de la Cuesta|De la Cuesta]]. Ambos buscaron a [[Claude Victor-Perrin, duque de Belluno|Marechal Victor]], pero o irmán de Napoleón, o rei [[Xosé I Bonaparte|Xosé]], reforzou o exército de Victor, que atacou primeiro, porén as tropas anglo-hispanas venceron na [[batalla de Talavera]]. Esta vitoria conlevou o ennobrecemento de Wellesley como "vizconde Wellington de Talavera e de [[Wellington, Somerset|Wellington]]". Como o [[Nicolas Jean de Dieu Soult|Marechal Soult]] tentase reaccionar, os británicos víronse compelidos a retirarse para Portugal. Privado dos subministros que lle prometeran os españois e non contando cos movementos de Soult, Wellington non puido xa crer nas promesas españolas.
En 1810, un novo grande exército francés so mando do mariscal [[André Masséna]] invadiu Portugal. A opinión británica, tanto na illa como no exército, era unanimemente pesimista: deberían evacuar Portugal. Mais Wellington primeiro atrasou os franceses en [[Batalla de Buçaco|Buçaco]], e logo bloqueounos na península de Lisboa
En 1811, Masséna
En 1812,
O seu exército resultou a partir de aí reforzado, en todas as divisións, por unidades dun rexurdido exército portugués, que Beresford reconstruíu. Xa en campaña en España, derrotou
Tentou entón tomar a vital fortaleza de Burgos, que gardaba o camiño entre Madrid e Francia, mais fracasou debido á falta de equipamento de asedio. Os franceses, mentres, abandonaron Andalucía, procurando a converxencia de varios corpos de exército que puxeran en posición delicada ás forzas aliadas inimigas. Wellignton habilmente retirou o seu exército, para reunirse con corpos menores mandados por [[Rowland Hill, 1º vizconde de Hill|Rowland Hill]], e retroceder para Portugal. Aínda que Soult
No ano 1813, Wellington dirixiu unha nova ofensiva, esta vez contra as liñas de comunicación francesas. Atacou nas alturas ao Norte de [[Burgos]], inesperadamente fixo traer os subministros desde [[Santander]], na costa cantábrica, en vez de Portugal. Persoalmente conduciu unha pequena forza contra o centro do exército francés, mentres o groso das tropas - mandadas por sir [[Thomas Graham]] - envolvía a
Poucos meses despois, en 1814, logo de tomar as pequenas fortificacións de [[Pamplona]] e [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]], Wellington invadiu Francia, e puxo asedio a [[Batalla de Toulouse|Toulouse]], defendida polos franceses so mando do mariscal Soult. O sitio foi interrompido unha vez que se recibiron novas da rendición do propio Napoleón, que algún tempo despois se exiliou na [[illa de Elba]].
Aclamado como o heroe conquistador, Wellesley foi feito '''duque de Wellington''', título que aínda manteñen os seus descendentes, e polo que é coñecido na historiografía internacionalmente. Todos os títulos que lle foran outorgados recibiunos, acabada a Guerra Peninsular, de vez nunha cerimonia única. Moi logo foi designado embaixador
O [[26 de febreiro]] de [[1815]], Napoleón fugouse de Elba e retornou
== Últimos anos ==
Wellington volveu á política de novo en 1819, cando foi nomeado [[Master-General of the Ordnance]] no goberno [[tory]] de [[Robert Banks Jenkinson, lord Liverpool|lord Liverpool]]. En 1827, foi designado comandante en xefe do exército británico. Xunto con [[Robert Peel]], Wellington converteuse nunha das personalidades ascendentes do partido tory, chegando en 1828 a [[Primeiro Ministro do Reino Unido|Primeiro Ministro]].▼
▲[[Robert Banks Jenkinson, lord Liverpool|lord Liverpool]]. En 1827, foi designado comandante en xefe do exército británico. Xunto con [[Robert Peel]], Wellington converteuse nunha das personalidades ascendentes do partido tory, chegando en 1828 a [[Primeiro Ministro do Reino Unido|Primeiro Ministro]].
Como Primeiro Ministro, Wellington actuou como o arquetipo de político ultraconservador, porén foi durante o seu mandato cando se aprobou a lei de emancipación dos católicos, que lles garantía practicamente todos os dereitos civís no Reino Unido, de xeito que lord Winchilsea acusou ao duque de ter "traidoramente maquinado para destruír a constitución protestante". Wellington desafiouno entón a duelo, o cal tivo lugar o 21 de marzo de 1829 nos campos de Battersea. No momento de disparar, Wellington deliberadamente tirou para un lado e Winchelsea disparou ao aire.
O gabinete Wellington caeu a fins de 1830, ano no que houbo numerosos motíns no verán e no outono. Os [[Whigs]], que non foran quen de lograr o poder desde a década de 1770, adiviñaron que as reformas políticas podían ser a chave que lles facilitase o retorno ao goberno. Wellington, que seguía a pé da letra o camiño político conservador tory, perdeu unha votación de confianza o 15 de novembro de 1830. Foi substituído no cargo de "premier" por [[Charles Grey, 2º conde de Grey|Charles Grey]], que comezou unha
Cando os tories tornaron ao poder en [[1834]], Wellington refugou o posto de Primeiro Ministro, que foi
Wellington retirouse da política en 1846, aínda que seguiu como comandante en xefe das forzas armadas,
Faleceu en [[Walmer Castle]] o [[14 de setembro]] de [[1852]]. O seu corpo foi trasladado por ferrocarril a Londres, onde se celebrou un funeral de estado, cerimonia que só se ten rendido a uns poucos británicos (entre eles [[Horacio Nelson|Nelson]] e [[Winston Churchill|Churchill]]) e foi inhumado na [[catedral de San Paulo de Londres]].
== Ligazóns externas ==
|