Gilles Deleuze: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1925 mediante HotCat
m →‎Pensamento: Suxeito (filosofía)
Liña 8:
 
==Pensamento==
Segundo Deleuze, a tarefa da filosofía actual é pensar as condicións que fan posible a aparición das nocións mesmas de [[Ente|ser]] e de [[Suxeito (filosofía)|suxeito]] que están na base da [[filosofía moderna]], xurdida pola necesidade de fundamentar o ser no suxeito debido á fin das [[metafísica]]s do ser que se produciu ao final da [[Idade Media]]. Deleuze comparte esta investigación con autores como Foucault, por exemplo, e efectúaa baixo a principal inspiración de [[Nietzsche]]. Trátase de mostrar que hai un fundamento anterior ao ser e ao suxeito, e ao ser como suxeito. Trátase, pois, de "desconstruir" a [[subxetividade]] e criticar a [[idea]] segundo a cal o suxeito e a súa representación son o punto de partida e o fundamento. Con isto aborda unha nova forma de pensar, en tanto que se trata de pensar o non-pensado e velado pola lóxica da identidade.
 
Esta forma de pensar, que en Deleuze se desenvolve a partir do estudo minucioso de grandes filósofos (a súa primeira produción filosófica son unha serie de monografías sobre o [[materialismo]] de [[Lucrecio]], o [[panteísmo]] de [[Spinoza]], o [[empirismo]] de [[Hume]], o [[vitalismo]] de [[Henri Bergson|Bergson]], o pensamento de [[Kant]] e o de [[Nietzsche]]), desenvólvese a partir da crítica da liña de pensamento que vai dende [[Platón]] a [[Hegel]] pasando polo [[cristianismo]] e [[Descartes]], e que se baseou no [[dualismo]] entre [[materia]] e [[espírito]]. Contra este dualismo Deleuze reivindica o proxecto nietzscheano da inversión do [[platonismo]], e unha concepción do real entendido como formado por unha multiplicidade de planos sen cabida para aquel dualismo nin para un pretendido privilexio do suxeito como polo de referencia. Esta crítica do dualismo susténtaa Deleuze no [[vitalismo]] de Bergson (ata o punto de que pode considerarse que é Deleuze quen desenvolve o bergsonismo), e no vitalismo de Nietzsche (Deleuze contribuíu á súa revitalización como pensador, e foi un dos impulsores do renovado interese pola súa obra). O '''élan vital''' de Bergson, como o '''eterno retorno''' nietzscheano aparecen como afirmacións incondicionais da vida fronte ao pensamento negativo de raíz platónica, cristiá e que culmina nas nocións de [[alienación]] e [[dialéctica]] en [[Hegel]].