Esfingolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
Pénsase que os esfingolípidos protexen a superficie celular de factores nocivos do seu ambiente ao formaren na [[bicapa lipídica]] da [[membrana plasmática]] unha capa externa mecanicamente estable e quimicamente resistente. Sábese que certos [[glicoesfingolípido]]s complexos están implicados en funcións máis específicas, como o recoñecemento celular e a [[sinalización celular]]. O recoñecemento celular depende principalmente das propiedades físicas dos esfingolípidos, mentres que a sinalización celular implica interaccións específicas das partes glicídicas dos glicoesfingolípidos con lípidos similares presentes nas células veciñas ou con [[proteína]]s.
 
Recentemente, metabolitos esfingolipídicos relativamente simples, como ceramidas e [[esfingosina-1-fosfato]], mostraron ser mediadores importantes nas cascadas de sinalización implicadas na [[apoptose]], proliferación celular, e respostas ao estrés.<ref>{{cite journal |author=Hannun YA, Obeid LM |title=The Ceramide-centric universe of lipid-mediated cell regulation: stress encounters of the lipid kind |journal=J. Biol. Chem. |volume=277 |issue=29 |pages=25847–50 |year=2002 |month=July |pmid=12011103 |doi=10.1074/jbc.R200008200 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/277/29/25847}}</ref><ref>{{cite journal |author=Spiegel S, Milstien S |title=Sphingosine 1-phosphate, a key cell signaling molecule |journal=J. Biol. Chem. |volume=277 |issue=29 |pages=25851–4 |year=2002 |month=July |pmid=12011102 |doi=10.1074/jbc.R200007200 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/277/29/25851}}</ref> Os lípidos baseados nas ceramidas autoagréganse nas [[membrana]]s e forman fases separadas menos fluídas ca a maior parte dos fosfolípidos. Estes microdominios de membrana baseados nos esfingolípidos chamados "[[balsa lipídica|balsas lipídicas]]" propuxéronse orixinalmente para explicar a clasificación e distribución das proteínas de membrana nas vías celulares de transporte de membranas. Actualmente, estase investigando moito esta función de organización durante a [[transdución de sinais]].<ref>{{cite journal |author=Brown DA, London E |title=Structure and function of sphingolipid- and cholesterol-rich membrane rafts |journal=J. Biol. Chem. |volume=275 |issue=23 |pages=17221–4 |year=2000 |month=June |pmid=10770957 |doi=10.1074/jbc.R000005200 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/275/23/17221}}</ref>
 
Os esfingolípidos sintetízanse por unha vía metabólica que comeza no [[retículo endoplasmático]] e complétase no [[aparato de Golgi]], pero estes lípidos pasan despois á [[membrana plasmática]] e aos [[endosoma]]s, onde realizan moitas das súas funcións.<ref>{{cite journal |author=Futerman AH |title=Intracellular trafficking of sphingolipids: relationship to biosynthesis |journal=Biochim. Biophys. Acta |volume=1758 |issue=12 |pages=1885–92 |year=2006 |month=December |pmid=16996025 |doi=10.1016/j.bbamem.2006.08.004}}</ref> O transporte de esfingolípidos pola célula ten lugar en [[vesícula]]s e por transporte monomérico polo [[citosol]]. Os esfingolípidos están virtualmente ausentes das [[mitocondria]]s e do [[retículo endoplasmático]], pero constitúen un 20-35 da fracción molar dos [[lípido]]s da membrana plasmática.<ref>{{cite journal |author=van Meer G, Lisman Q |title=Sphingolipid transport: rafts and translocators |journal=J. Biol. Chem. |volume=277 |issue=29 |pages=25855–8 |year=2002 |month=July |pmid=12011105 |doi=10.1074/jbc.R200010200 |url=http://www.jbc.org/cgi/content/full/277/29/25855}}</ref> A degradación dos esfingolípidos ten lugar principalmente nos [[lisosoma]]s.