Nódulo radicular: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 20:
==Nodulación==
[[Ficheiro:Lotus pedunculatus11 ies.jpg|miniatura|esquerda|Nódulos nas raíces de ''Lotus pedunculatus''.]]
As leguminosas liberan compostos chamados [[flavonoide]]s polas súas raíces, que desencadean a produción de [[factor
A nodulación está controlada por unha variedade de procesos, tanto externos (calor, chans ácidos, seca, nitratos) coma internos (autorregulación da nodulación, etileno). A autorregulación da nodulación controla o número de nódulos por planta por medio dun proceso sistémico que implica á folla. O tecido da folla percibe os eventos do inicio da nodulación na raíz por medio de sinais químicos descoñecidos, despois restrinxe o desenvolvemento ulterior do nódulo nos tecidos da raíz de nova formación. As quinases receptoras con repeticións ricas en leucina (LRR) (chamadas NARK na soia (''Glycine max''); HAR1 en ''[[Lotus japonicus]]'', SUNN en ''[[Medicago truncatula]]'') son esenciais para a autorregulación da nodulación. As mutacións que orixinan a perda de función destas quinases receptoras para a autorregulación da nodulación causan supernodulación ou hipernodulación. A miúdo a perda da actividade das quinasas receptoras desta autorregulación vai acompañada de anormalidades no crecemento da raíz, o que suxire que o crecemento dos nódulos e o desenvolvemento da raíz están vencellados funcionalmente. As investigacións sobre os mecanismos da formación de nódulos mostraron que o xene [[ENOD40]], que codifica unha proteína ácida de 12-13 aminoácidos, aumenta a súa expresión durante a formación dos nódulos.
|