Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "DivingCubaMariaLaGorda.jpg" que foi borrado en Commons por Cookie. Motivo: License review: Non-free license, or license disallowing commercial us...
m lgs
Liña 9:
As técnicas de apnea e SCUBA con [[aire]] pertencen á categoría [[Deporte|deportiva]] ou recreativa. As técnicas SCUBA con mestura de [[gas]]es ([[nitróxeno]], [[helio]], [[trimix]]) e SSD considéranse dentro da categoría de [[mergullo técnico]] ou [[mergullo profesional|profesional]] debido ao risco e nivel de preparación requirido polo mergullador que as emprega. O mergullo deportivo limítase en xeral aos -40 [[m]] de profundidade (aínda que en apnea poden acadar profundidades máis importantes), mentres que o [[mergullo profesional]] con mesturas especiais permite acadar profundidades de -100 m ou máis.
 
O mergullo en apnea consiste nas técnicas e habilidades para realizar inmersións mantendo a [[respiración]] despois dunha profunda inspiración en superficie. Pode practicarse sen ningún equipo especial, pero a configuración deportiva actual consta dunha máscara apropiada, aletas, tubo de respiración ou snorkel, lastre e se é necesario un traxe de material termo-illante. É a forma de mergullo máis sinxela e máis antiga empregada polo home, aparece en diversas rexións e culturas para explotar fontes de alimento (como peixes, crustáceos e moluscos), recursos útiles (algas, esponxas, corais) e recursos de valor cultural ou económico (perlas).
 
O mergullo SCUBA consiste no almacenamento de aire a [[presión]] nunha botella que é transportada polo mergullador, o que lle permite a este ir respirando o aire almacenado durante un tempo de autonomía considerable. Ademais do equipo básico, require dunha botella de almacenamento do aire, un arnés, un mecanismo de flotabilidade —integrado o arnés e o sistema de flotabilidade reciben o nome chaleco hidrostático, chaleco de flotabilidade ou BCD (acrónimo inglés de ''Buoyancy Compensation Device'')—, un sistema de válvulas, un sistema de lastre, tubos e embocadura(s) que conforman o que se denomina regulador na súa forma máis básica; pero os estándares de seguridade requiren unha serie de "reloxos" que lle permitan saber a que profundidade e canto aire ten, profundímetro e manómetro
Liña 250:
 
===== Toxicidade dos gases =====
* '''[[Hipercapnia]]''': aumento anormal da tensión de CO<sub>2</sub> no sangue (Tensión CO<sub>2</sub> > 40mbar), revelando os efectos tóxicos deste gas. Pode sobrevir no mergullo SCUBA, os mergulladores inexpertos tratan de diminuír a súa frecuencia respiratoria nun afán de "aforrar" aire da botella e en mergulladores profesionais, debido a un exercicio intenso durante a inmersión. Os síntomas son un malestar, angustia e ansiedade do mergullador, sensación de asfixia e [[Respiración pulmonar|respiración]] superficial; os cales se non son controlados polo mergullador, amplifican e agravan a hipercapnia chegando á síncope e a morte por afogamento; ademais o mergullador presa do pánico poden sufrir barotraumatismos ou accidentes de descompresión por un ascenso fóra de regra.
 
* '''Hiperoxia''': a partir de tensións tisulares superiores aos 0,5 bar, o osíxeno empeza a tomar un carácter tóxico que se consolida completamente cando a súa tensión tisular acada 1,7 bar. Baixo esas presións parciais o O<sub>2</sub> se disocia en radicais libres (peróxido de hidróxeno H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> e radicais hidróxilo ·OH) que inhiben a función celular a nivel da membrana. Este efecto sobre a membrana celular afecta especialmente o sistema nervioso (a membrana celular das neuronas e o seu delicado equilibrio de electrolitos e substancias mensaxeiras son a clave da transmisión dos impulsos nerviosos). Polo tanto, aínda que todos os tecidos se ven afectados por igual, o seu efecto neurotóxico é o que reviste maior gravidade. O sistema nervioso regula e controla a maioría das funcións vitais. A intoxicación por osíxeno produce convulsións, perda de coñecemento e pode levar ao conseguinte afogamento do mergullador. O risco de hiperoxia dita os límites de seguridade do mergullo autónomo con aire (-30 m profundidade máxima permitida, -20 m profundidade máxima recomendada). Estas profundidades son os límites teóricos, pero en realidade os efectos tóxicos do osíxeno poden encontrarse máis embaixo, pois o seu consumo polos tecidos diminúen considerabelmente a súa tensión.