Aparato reprodutor masculino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
 
* '''[[Vesícula seminal|Vesículas seminais]]'''. Son un par de glándulas con forma de sáculo situadas na base da vexiga e por diante do recto. O extremo superior é groso e arredondado, e a parte inferior adelgázase e forma un curto conduto, que se fusiona co conduto deferente, formando o conduto exaculador. As secrecións das vesículas seminais conteñen [[proteína]]s, [[encima]]s, [[frutosa]], [[mucus]], [[vitamina C]], [[flavina]], [[fosforilcolina]] e [[prostaglandina]]s.
* '''[[Próstata]]'''. É unha glándula impar que rodea a parte inicial da uretra. A base da próstata está pegada á cara inferior da [[vexiga urinaria]] e ten un vértice dirixido cara a abaixo. Está atravesada polos condutos exaculadores e pola uretra, os cales se unen por unhas pequenas fendas a cada lado da boca do utrículo prostático. Está dividida por moitos lobuliños incompletos por tecido fibroso, e chea de tubiños secretores. Estes tubiños glandulares forman decenas de condutos prostáticos, que se abren na parede posterior da uretra, principalmente nos seos prostáticos. As secrecións prostáticas conteñen: [[antíxeno]] específico da próstata, [[ácido cítrico]], [[fibrinóxeno]], [[espermina]], [[cinc]], [[magnesio]], [[encima]]s.