Aleksandr Blok: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mk:Александар Блок
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Liña 7:
Nacido no seo dunha familia de intelectuais refinados descendentes de Johann von Blok, quen fora médico persoal do tsar, súa nai, A. A. Beketova era escritora e seu pai foi profesor de dereito en [[Varsovia]] e máis tamén seu avó materno fora reitor da [[Universidade Estatal de San Petersburgo]]. Seus pais separáronse pouco despois de el nacer, vivindo el a maior parte do tempo co seu avó materno A. N. Beketov nas súas propiedades de Shakhmatovo, preto de [[Solnechnogorsk]], a uns 65 quilómetros de [[Moscova]]. A súa nai volveu casar cando el tiña nove anos e o rapaz foi vivir coa parella pasando os veráns co seu avó. A lectura da filosofía de [[Vladimir Soloviov]] e da poesía de [[Fiodor Tiutchev]] e [[Afanasi Fet]] foi a principal influencia dos seus primeiros escritos, que aparecerían posteriormente no libro ''Ante Lucem''. En 1903 casou con Lyubov Dmitrievna Mendeleeva, filla do recoñecido químico [[Dmitri Mendeleev]], figura na que se basea para escribir o seu primeiro libro publicado ''Versos sobre a fermosa señora'' (1904-1905) no que transfigura á súa dona no ideal do eterno feminino. As imaxes místicas e idealizadas deste o seu primeiro libro fixeron del o cabeza dos simbolistas rusos. Durante o último período da súa vida enfatizou máis os temas políticos, salientando o destino mesiánico do seu país: ''Vozmezdie'' (O castigo, 1910-1921),''Rodina'' (A patria, 1907–16); ''Skify'' (Os escitas, 1918). Influenciado polas doutrinas de Soloviov, adquiriu temores de tipo apocalíptico alternando entre a esperanza e o desespero. Púxose de parte da revolución rusa pero para 1921 estaba desilusionado con ela.
 
{{ORDENAR:Blok, Alexander}}
[[Categoría:Escritores en lingua rusa]]
[[Categoría:Escritores de Rusia]]
[[Categoría:Poetas]]
[[Categoría:Nados en 1880]]
[[Categoría:Nados en Rusia]]
[[Categoría:Finados en 1921]]
 
[[ar:ألكسندر بلوك]]