Cangas, Foz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
O territorio parroquial sitúase no val inferior do [[río Moucide]], que cruza a parroquia en sentido norte-sur até a súa desembocadura no [[Mar Cantábrico|Cantábrico]] na zona denominada Riosmar. As maiores altitudes acádanse na zona occidental, no límite con Burela, onde se acadan alturas de até 460 m. no denominado [[Pico do Pelobrinco]], nunha zona onde os montes do Buio acadan a zona costeira á altura da [[praia da Areoura]].
 
Aínda que situada no concello de [[Foz]], a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de [[Burela]], no concello homónimo, da que dista tan só ao redor 3 quilómetros (8 km. da capital municipal de Foz). As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no [[sector terciario]] (basicamente no comercio e nos equipamentos administrativos existentes nas cercanas poboacións de Burela e Foz) ou no sector industrial, principalmente na fábrica de [[alumina]] e [[aluminio]] que a multinacional Alcoa ten en [[San Cibrao, Lieiro, Cervo|San Cibrao]]. Tamén é importante, aínda que cada vez menor, o número dos seus habitantes que está enrolado nos barcos pesqueiros con base no porto de Burela.
 
==Galería de imaxes==