Carantania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 3:
==Historia==
[[Ficheiro:Carantania 800 AD.PNG|miniatura|Fronteiras de Carantania ([[800]])]]
En [[595]] rexístrase a cita, por parte do historiador [[longobardos|longobardo]] [[Paulo Diácono]], do primeiro estado estable eslavo e esloveno como "Provincia Sclaborum", que logo se coñecería como Carantania. En [[623]], os eslavos foron unidos nunha alianza baixo o rei [[Samo]], coñecida nas fontes históricas como ''Marca Vinedorum'', a cal incluía os territorios de Carantania. En [[658]], despois da morte de Samo, a Alianza Eslava desintegrouse, mais Carantania sobreviviu e mantivo a súa independencia.
 
Carantania, que era unha nación pagá, en [[745]] foi seriamente ameazada militarmente polos [[ávaros]] da veciña [[Panonia]], razón pola cal o duque [[Borut]] solicitou axuda militar aos [[Baviera|bávaros]], xa cristianizados e vasallos do rei dos [[francos]], quen era considerado o protector do [[Cristianismo]] de [[Europa]]. O rei dos francos autorizou a Baviera a que axudase á pagá Carantania, pero a condición de que esta última aceptase o cristianismo. O duque Borut aceptou a condición e coa axuda dos Bávaros Carantania derrotou definitivamente aos ávaros. Así foi que o duque Borut enviou ao seu fillo Gorazd e ao seu sobriño Hotimir para que se educasen na fe cristiá en [[Baviera]].