Sofía de Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
== Traxectoria ==
Durante a súa infancia, en [[1941]], tivo que abandonar Grecia xunto a toda a súa familia por mor da invasión alemá durante a [[Segunda Guerra Mundial]], permanecendo no [[Cairo]], [[Exipto]] e [[Sudáfrica]] ata a súa volta en [[1946]]. Aos poucos meses, o 1 de abril de 1947, o rei [[Xurxo II de Grecia|Xurxo II]] morreu e ocupou o trono o seu irmán, Paulo I, pai de Sofía. Cursou
A princesa cursou estudos de [[pediatría]], [[música]] e [[arqueoloxía]]. Traballou de enfermeira nunha maternidade de [[Atenas]]. Formou parte como suplente da selección grega de vela durante os [[Xogos Olímpicos de 1960]], celebrados en [[Roma]].
 
O [[8 de xuño]] de [[1961]] asistiu en [[Londres]] á voda dos duques de Kent, onde coincidiu co entón príncipe Don Xoán Carlos de Borbón ey das Dúas SiciliasBorbón. Un ano máis tarde, o [[14 de maio]] de [[1962]], contraeron matrimonio en Atenas polos ritos católico e ortodoxo.
 
TiveronO matrimonio tivo tres fillos dentro do matrimonio:
* S.A.R. a [[Elena de Borbón e Grecia|Infanta Dona Elena]] n. [[20 de decembro]] de [[1963]].
* S.A.R. a [[Cristina de Borbón e Grecia|Infanta Dona Cristina]] n. [[13 de xuño]] de [[1965]].
* S.A.R. [[Filipe de Borbón e Grecia|Don Filipe]], príncipe de Asturias, n. [[30 de xaneiro]] de [[1968]].
 
O [[19 de xullo]] de [[1969]], [[Francisco Franco]] designou ao Príncipe Don Xoán Carlos como sucesor a título de Rei, polo cal, e ata o momento da súa ascensión ao trono, tanto Don Xoán Carlos como a súa esposa ostentarían a dignidade de ''Príncipes de España'', evitando a tradicional de [[Príncipe de Asturias|Príncipes de Asturias]]. Trala morte de Franco, Xoán Carlos de Borbón foi proclamado Rei de España, o [[22 de novembro]] de [[1975]], sendo Dona Sofía a súa raíña consorte.
 
A Raíña é Académica de Honor da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] e da [[Real Academia da Historia]]. Recibiu o DoctoradoDoutoramento Honoris Causa polas Universidades de [[Universidade do Rosario|Rosario]] ([[Bogotá]]), [[Valladolid]], [[Cambridge]], [[Oxford]], [[Georgetown, Güiana|Georgetown]], [[Évora]] e [[Nova York]]. Algunhas institucións culturais e musicais españolas levan o seu nome, como a [[Escola Superior de Música Raíña Sofía]], o [[Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía]] ou o [[Palacio das Artes Reina Sofía]] de [[Valencia - València|Valencia]]. Ostenta o título de Raíña Consorte. Do mesmo xeito que o de toda a familia real helena, a súa orixe familiar é fundamentalmente [[Dinamarca|danesa]], con importantes alianzas alemás e rusas.
 
== Ascendencia ==