Red Hot Chili Peppers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Liña 41:
=== ''Mother's Milk'' (1989-1990) ===
Ante a morte de Hillel Slovak a banda en primeiro lugar contratou a [[D.H. Peligro]] dos [[Dead Kennedys]] como batería e ao guitarrista de P-Funk [[DeWayne "Blackbyrd" McKnight]], pero estes non contaban coa chispa suficiente como para continuar na banda, polo que serían despedidos. Posteriormente contratarían a [[John Frusciante]] como guitarra. Frusciante realizara unha audición para ingresar na banda [[Thelonious Monster]], pero D.H. Peligro faloulle a [[Flea]] del, e uns días máis tarde improvisaron no garaxe deste, que decidiu xunto a Kiedis que era o reemprazo perfecto para Hillel.
[[Ficheiro:FleaOxygen06.jpg|miniatura|250px|[[Flea]]]]
 
Tres semanas antes de entrar no estudio a banda continuaba sen batería, e un amigo recomendoulles a [[Chad Smith]]. Decidiron darlle unha oportunidade, e nunha audición Chad abrumó ao grupo pola forza e complexidade dos seus ritmos. Despois desta sesión de improvisación admitiron a Chad como novo baterista da banda.