Bernardo Mateo Sagasta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
remato edición
Xas (conversa | contribucións)
+ referencias
Liña 1:
'''Bernardo Mateo- Sagasta Echeverría''', nado en [[Pontevedra]] o [[21 de setembro]] de [[1866]] e finado o [[2 de novembro]] de [[1937]], foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Pedro Mateo Sagasta Escolar]]<ref>[http://www.xenealoxia.org/linaxes/celebridades/1140-sagasta-echevarria-bernardo xenealoxía Sagasta Echevarría, Bernardo]</ref>. Foi Inspector xeral do Corpo de Enxeñeiros Agrónomos, e director da Escola especial do seu Corpo. Presidente da Asociación de Enxeñeiros Agrónomos. Vocal da Comisión permanente de Pesas e Medidas e do Consello Superior de Agricultura, Industria e Comercio. Delegado de España en varios congresos internacionais. Director xeral do Instituto Xeográfico e Estatístico e de Correos e Telégrafos (1910-1913).
 
Foi [[Ministro de Facenda de España]] interino durante a ausencia de [[Ángel Urzáiz]] no verán de [[1905]]<ref>31/08/1905 [BOE 01/09/1905] a 11/09/1905 [BOE 12/09/1905]</ref>. Membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturales<ref>[http://www.rac.es/ficheros/doc/00186.pdf Relación de académicos 1847-2003]</ref>.
 
FoiMembro do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi elixido deputado polo distrito de Caldas de Reis nas eleccións de [[1893]]. Continuou representando o distrito nas sucesivas eleccións ata [[1923]].
 
Convencido de que [[Miguel Primo de Rivera]] quería destruír o [[Expediente Picasso]] -informe redactado polo xeneral [[Juan Picasso González]], destinado no Consello Supremo de Guerra e Mariña, en relación aos feitos acontecidos na Comandancia Xeral de [[Melilla]] nos meses de xullo e agosto de 1921: o chamado [[Desastre de Annual]] e o abandono das posicións- Mateo-Sagasta rescatou o expediente dos arquivos e ocultouno na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos, da que era director. Alí permaneceu ata a chegada da [[Segunda República Española|Segunda República]], cando devolveu o Expediente ao Congreso en [[1931]].
Liña 20:
*[http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2870890.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Mateo Sagasta Echeverria, Bernardo Mateo}}
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]