Transdución xenética: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
===Transdución especializada===
Na ''transdución especializada'' o virus transfire xenes que están próximos á zona onde se inseriu o xenoma vírico durante un ciclo lisoxénico dunha bacteria a outra. Os xenes que se transfiren dependen da zona onde se inseriu o fago. Cando o fago abandona o ciclo lisoxénico e pasa ao ciclo lítico, ten que separar o seu ADN do cromosoma onde se inseriu, pero poden producirse erros e non se corta exactamente polos límites do ADN viral senón que se corta algo máis alá e leva tamén xenes bacterianos adxacentes, que serán empaquetados na cápside vírica xunto co
A transdución especializada ten tres posibles resultados:
# O ADN pode ser absorbido, destruído e reciclado.
# O ADN bacteriano pode coincidir con secuencias homólogas do ADN do receptor e producirse unha recombinación e intercambio co ADN receptor, que incorpora así o novo ADN con xenes procedentes da primeira bacteria.
# O ADN pode inserirse no cromosoma da célula receptora para iniciar un ciclo lítico e como resultado a bacteria pode ter dobre copia de certos xenes (os propios e os da primeira bacteria). O profago inserido parcialmente codificado denomínase ''heteroxenote''.
[[Esther Lederberg]], [[Larry Morse]], [[Herman Kalckar]], [[Michael Yarmolinsky]], e [[Yukinori Hirota]] fixeron estudos detallados sobre a [[galactosemia]] nos que usaron a transdución especial para facer mapas xenéticos. Ao mesmo tempo, Esther Lederberg, [[Julius Adler]] e [[Enrico Calef]] realizaron estudos similares sobre a [[maltofilia]]. <refname=esther/>
Un exemplo famoso de transdución especializada é a que fai o [[fago lambda|fago λ]] na bacteria ''[[Escherichia coli]]'', descuberta por [[Esther Lederberg]], a cal tamén descubriu o [[plásmido F]] ou factor de fertilidade F. <ref name=esther/>
== Descubrimento ==
|