Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 80:
[[Ficheiro:Mendel 3a miguelferig.png|miniatura|left|150px|Cando cruzamos razas puras para dous caracteres á vez os fillos son todos iguais en fenotipo (os fenotipos dominantes) e iguais en xenotipo (todos heterocigotos).]]
[[Ficheiro:Mendel 3b miguelferig.png|miniatura|dereita|250px|Cando cruamos dous dihíbridos da F<sub>1</sub> obtemos na F<sub>2</sub> as proporcións 9:3:3:1. Os dous caracteres A e B distribuíronse independentemente un do outro, porque a proporción amarelo:verde é 3:1 e a liso:rugoso tamén.]]
Os alelos de xenes diferentes distribúense con total independencia un do outro durante a formación dos gametos. Dito doutro modo, os xenes separados que determinan dous caracteres distintos hérdanse de forma independente un do outro. Esta lei cúmprese cando os xenes non teñen "[[ligamento xenético]]" entre si, é dicir, cando están en distintos cromosomas, pero se están no mesmo cromosoma non se cumpre. Esta lei indica que se estamos estudando dous caracteres á vez, por exemplo a cor dos chícharos e o tipo de superficie dos chícharos, a cor vaise herdar de forma totalmente independente do tipo de superficie, sen que se inflúan un no outro.
 
Deste modo, se estudamos á vez a herdanza dos caracteres A e B, e cruzamos dous dihíbridos (heterocigotos para os dous caracteres), é dicir, dous individuos que son ambos os dous AaBb, vanse formar os gametos haploides AB, Ab, aB e ab, que se fecundarán aleatoriamente orixinando fillos que estarán na proporción fenotípica '''9:3:3:1''', é dicir, hai 9 que teñen fenotipo dominante para os dous caracteres, 3 que teñen fenotipo dominante para o primeiro carácter e recesivo para o segundo, 3 que teñen fenotipo recesivo para o primeiro carácter e dominante para o segundo, e só 1 que ten fenotipo recesivo para os dous caracteres. Pero a distribución independente ponse de manifesto cando contamos os fenotipos de cada carácter por separado e vemos que hai unha proporción de 3:1 nos dous casos, tal como se esperaba segundo a lei da segregación. Por exemplo, se estudamos o carácter "cor dos chícharos" (pode ser amarelo ou verde, co amarelo dominante) e á vez o carácter "tipo de superficie" (pode ser lisa ou rugosa, co liso dominante), e cruzamos chícharos dihíbridos amarelos lisos (AaBb x AaBb) obteremos 9 amarelos e lisos (os caracteres dominantes), 3 amarelos e rugosos, 3 verdes e lisos e 1 verde e rugoso (proporción 9:3:3:1). Pero isto fai unha proporción de 3 lisos por cada 1 rugoso (3:1) e de 3 amarelos por cada 1 verde (3:1).