Pilus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
== Tipos ==
===Pili sexual ou da conxugación===
{{APVP|Conxugación bacteriana}}
Os pili sexuais utilízanse durante a [[conxugación bacteriana]], na cal dúas bacterias transfiren parte do seu [[ADN]] dunha a outra. Denomínanse "sexuais" porque a conxugación é parecida a unha reprodución sexual no sentido en que se intercambian xenes entre os individuos por medio da formación de "parellas de conxugación" ou apareamento, pero como non é un verdadeiro proceso sexual ás veces considérase máis apropiado falar de pili da conxugación. O mellor estudado é o pilus F de ''[[Escherichia coli]]'', codificado no [[plásmido]] F ou factor de fertilidade.