Herdanza mendeliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 79:
==Lei da distribución independente dos caracteres==
[[Ficheiro:Mendel 3a miguelferig.png|miniatura|left|150px|Cando cruzamos razas puras para dous caracteres á vez os fillos son todos iguais en fenotipo (os fenotipos dominantes) e iguais en xenotipo (todos heterocigotos).]]
[[Ficheiro:Mendel 3b miguelferig.png|miniatura|dereita|250px|Cando cruamos dous dihíbridos da F<sub>1</sub> obtemos na F<sub>2</sub> as proporcións 9:3:3:1. Os dous caracteres A e B distribuíronse independentemente un do outro, porque a proporción amarelo:verde é 3:1 e a liso:rugoso tamén.]]
Os alelos de xenes diferentes distribúense con total independencia un do outro durante a formación dos gametos. Dito doutro modo, os xenes separados que determinan dous caracteres distintos hérdanse de forma independente un do outro. Esta lei cúmprese cando os xenes non teñen "ligamento xenético" entre si, é dicir, cando están en distintos cromosomas, pero se están no mesmo cromosoma non se cumpre. Esta lei indica que se estamos estudando dous caracteres á vez, por exemplo a cor dos chícharos e o tipo de superficie dos chícharos, a cor vaise herdar de forma totalmente independente do tipo de superficie, sen que se inflúan un no outro.