Eritropoetina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
 
=== Dopaxe ===
Os axentes estimulantes da eritropoiese (ESAs) teñen unha historia de uso como axentes dopantes en deportes de resistencia como o [[boxeo]].,<ref name="The 13 most shocking scandals in boxing history.">{{cite news | url = http://bleacherreport.com/articles/965780-13-most-shocking-scandals-in-boxing-history#/articles/965780-13-most-shocking-scandals-in-boxing-history/page/5| title = Boxing Scandals | date = 2011-12| publisher = Bleacher Report| accessdate = 2011-12-22}}</ref> [[ciclismo]], [[Remo (deporte)|remo]], carreiras atléticas de longa distancia, [[marcha atlética]], [[esquí de fondo]], [[biatlon]], e [[triatlontríatlon]], e mesmo nas carreiras de cabalos.
 
Aínda que se cría que a EPO era utilizada amplamente xa na década de 1990 en certos deportes, non había naquela época ningunha maneira de detectala directamente no sangue, ata que en 2000 científicos do laboratorio antidopaxe da Francia idearon unha proba e coa aprobación da Axencia Antidopaxe Mundial (WADA) introduciuse dita proba nos controis antidopaxe, que permitía detectar a EPO farmacéutica e distinguila da case idéntica EPO natural normalmente presente na urina dos atletas.