Histoloxía vexetal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 34:
Son a epiderme e a periderme.
 
* A [[epiderme vexetal]] é a capa máis externa do vexetal novo. Está formada xeralmente por unha capa de células aplanadaaplanadas e fortemente unidas. As paredes das células están cubertas por unha [[cutícula vexetal|cutícula]] formada por lípidos do tipo das [[cera]]s ([[cutina]] principalmente), que protexen da perda de auga. Intercaladas entre as células epidérmicas aparecen outros tipos de células: células dos estomas, que forman os [[estoma]]s, que regulan o intercambio de gases entre o interior e o exterior da planta, e células que forman [[tricoma]]s ou pelos vexetais.
 
* A [[periderme]] reempraza á epiderme nos talos e raíces con crecemento secundario. Está formada fundamentalmente por súber, ou cortiza protectora e xeralmente un parénquima chamado feloderme. As células do súber están mortas e impregnadas de [[suberina]].