Tim Burton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
== Obra ==
En 1982 Burton fixo a súa primeira curtametraxe, ''[[Vincent (filme)|Vincent]]'', unha animación en [[stop-motion]] de seis minutos acerca dun neno que fantasea con ser o seu ídolo (e o de Burton) [[Vincent Price]], con Price narrando a historia. O poema lido na historia estaba escrito en rimas que renden unha clara homenaxe a [[Edgar Allan Poe]].
 
A súa segunda curta foi ''[[Frankenweenie]]'', protagonizado por [[Barret Oliver]], [[Daniel Stern]] e [[Shelley Duvall]] (un admirador do traballo de Burton). Filmado en branco e negro e inspirado en ''[[Frankenstein (filme de 1931)|Frankenstein]]'' de [[James Whale]], ''Frankenweenie'' conta a historia dun neno que reanima ó seu can Sparky, que fora atropelado por un automóbil. Aínda que a curta foi aclamada en festivais, Disney estaba preocupada porque fora demasiado forte para os nenos e, sen saber que facer con ela, decidiu arquivala (se ben sería lanzada en VHS en 1992).