Elastina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
A '''elastina''' é unha [[proteína]] con funcións estruturais que lle dá elasticidade aos [[tecido conectivo|tecidos conectivos]], a diferenza do [[coláxeno]] que lles proporciona resistencia. A elastina permite que os tecidos do corpo recuperen a súa forma despois de que se estiren ou contrain; por exemplo, axuda a que a pel volva á súa posición orixinal se é beliscada ou apretada, ou que as arterias se contraian e expandan en cada latexo cardíaco.
É unha proteína de 70 kDa codificada nos humanos polo [[xene]] ELN do [[cromosoma 7]].<ref name="pmid8096434">{{cite journal | author = Curran ME, Atkinson DL, Ewart AK, Morris CA, Leppert MF, Keating MT | title = The elastin gene is disrupted by a translocation associated with supravalvular aortic stenosis | journal = Cell | volume = 73 | issue = 1 | pages = 159–68 | year = 1993 | month = April | pmid = 8096434 | doi =10.1016/0092-8674(93)90168-P | url = | issn = }}</ref>. A elastina está presente en todos os [[vertebrado]]s. <ref>Sage EH & Gray WR 1977 Evolution of elastin and elastin structure, p 291. in; Advances in Experimental Medicine and Biology, vol. 79 LB Sandberg & C Franzblaw, eds) Plenum Press, NY & London</ref>
 
Nos [[mamíferos]] (e nos [[vertebrado]]s en xeral), pódese encontrar predominantemente alí onde o tecido sofre repetidos ciclos de extensión-relaxación. Exemplos típicos son as [[arteria]]s, [[ligamento]]s, [[pulmón]]s, [[pel]], [[vexiga]] e [[cartilaxe]] elástica. Presenta unhas sorprendentes cualidades elásticas, quizais a máis evidente sexa a súa alta resistencia á [[Fatiga de materiais|fatiga]]. As fibras elásticas das arterias humanas (especialmente do [[Aorta|arco aórtico]]) funcionan toda a vida dunha persoa, soportando miles de millóns de ciclos de extensión-relaxación.
 
== Estrutura ==