Paramecio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
Presentan un [[citostoma]], unha especie de invaxinación situada a todo o longo do paramecio coa que captura o alimento, que consiste en partículas orgánicas flotantes e microorganismos menores ca el. O citostoma conduce a unha citofarinxe antes de que o alimento pase ao interior deste protozoo. Son moi visibles os vacúolos dixestivos, onde dixiren o alimento, e despois expulsan por [[exocitose]] os refugallos.
 
Presentan polo menos dous núcleos de distinto tamaño, chamados micronúcleo e macronúcleo. O macronúcleo está no centro e é de gran tamaño e forma alongada, compacto, [[poliploide]], con funcións vexetativas, e o único que [[transcrición xenética|transcribe]]. O micronúcleo é pequeno e máis esférico (en ''P. aurelia'' hai dous micronúcleos), non transcribe ARN, pero é o que realiza a [[meiose]] e a conxugación.
 
==Reprodución==