Adolfo Vázquez Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ cat
Xas (conversa | contribucións)
engado datos
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Estudou o bacharelato en [[Lugo]] e despois comezou a carreira militar, aínda que a deixou para dedicarse ao xornalismo. Iniciou as súas colaboracións en ''[[El Regional]]'' e ''[[Galicia Moderna (A Habana)|Galicia Moderna]]'', e dirixiu ''[[Galicia Liberal]]'', en [[Santiago de Compostela]]. Marchou a [[Madrid]], onde foi redactor de ''[[La República]]'' e colaborou en ''[[La Guindilla]]'' e ''[[El Combate]]''. Militante do federalismo republicano de [[Francesc Pi i Margall]], participou no movemento revolucionario de 1886, polo que tivo que exiliarse en [[Portugal]], onde fundou en Lisboa''[[El Galleguito]]'' e colaborou en ''España'' e ''A sentinela da Fronteira''. Marchou a [[Francia]] en [[1887]] e regresou a Portugal ao ano seguinte. Coa amnistía de [[1889]] regresou a Galicia einstalándose en [[Betanzos]] onde colaborou en ''[[Las Riveras del Mendo]]'' e ''[[¡Ya somos tres!]]'', en [[Betanzos]], e fundou os diarios ''[[El Valdoncel]]'' e ''[[El Mendo]]''. En Betanzos foi presidente do Ateneo Obreiro, do Centro Republicano Federal e do Orfeón Eslava. Na [[Coruña]] foi redactor do periódico republicano ''[[El Telegrama]]'' e foi elixido presidente da Xuventude Republicana Coruñesa. En [[1892]] marchou a [[Bos Aires]], onde fundou ''[[El Pabellón Español]]'', e un ano máis tarde, en [[Montevideo]], ''[[El Intransigente]]''. Ao seu regreso a Bos Aires dirixiu ''[[El Socialista]]'' e, a partir de 1924, ''[[Céltiga (revista)|Céltiga]]''. Novamente en Montevideo, dirixiu diversas emisións radiofónicas.
 
==Obras==