Célula miosatélite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
O proceso da rexeneración muscular implica unha considerable remodelación da [[matriz extracelular]] e, onde os danos foron grandes, esta é incompleta. Os [[fibroblasto]]s dentro do músculo depositan tecido de cicatrización, o cal pode prexudicar a función muscular, e é unha parte significativa da patoloxía das [[distrofia muscular|distrofias musculares]].
 
As célulsascélulas satélite musculares proliferan seguindo a zona onde se produciu o trauma muscular (Seale, et al., 2003) e forman novas fibras musculares por medio dun proceso similar ao do desenvolvemento muscular fetal (Parker, et al., 2003). Despois de varias divisións celulares, as células satélite empezan a fusionarse cos miotubos danados e e continúan a súa diferenciación e maduración, cos seus núcleos periféricos como característica distintiva (Parker, et al., 2003). Un dos principais papeis descritos para o [[IGF-1]] foi a súa intervención na proliferación e diferenciación das células satélites. Ademais, a expresión do IGF-1 no músculo esquelético aumenta a capacidade de activar a proliferación das células satélites (Charkravarthy, et al., 2000), o que incrementa e prolonga os efectos beneficiosos para o músculo envellecido.
<ref>F. Mourkioti, Rosenthal (2005),IGF-1, inflammation and stem cells: interactions during muscle regeneration. (Review). Trends in Immunology, Vol 26, No. 10. [http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S147149060500205X]</ref> <ref> T. J. Hawke, D. J. Garry (2001), Myogenic satellite cells: physiology to molecular biology
Journal of Applied Physiology, Vol 19, Page 534-551. Review. [http://www.jappl.org/content/91/2/534.full]</ref>