Macrólido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio nl:Macrolide antibioticum por nl:Macrolide; cambios estética
Liña 3:
Os '''macrólidos''' son un tipo de fármacos, na súa maioría [[antibiótico]]s, cuxa actividade deriva da presenza na súa molécula dun ''anel macrólido'', que consiste nun gran anel [[lactona]] macrocíclico normalmente de 14 a 16 membros, ao que están unidos un ou máis [[desoxiazucre]]s, xeralmente a [[cladinosa]] e [[desosamina]]. Os macrólidos pertencen ao grupo dos [[policétido]]s. Un exemplo importante de macrólido é o antibiótico [[eritromicina]].
 
== Principais macrólidos ==
=== Macrólidos antibióticos ===
Os máis comúns son:
* [[Azitromicina]]. Non inhibe a [[CYP3A4]] (''Zithromax'', ''Zitromax'', ''Sumamed'', ''Azitrox'', ''Azitrom'')
Liña 24:
* [[Tilosina]]/[[tilocina]] - utilizada en animais
 
=== Cetólidos ===
Os [[cetólido]]s son un novo tipo de antibióticos, que se consideran un subtipo de macrólidos, xa que están estruturalmente relacionados con eles. Derivan da eritromicina por substitución do azucre cladinosa por un grupo ceto e a unión dun carbamato cíclico ao anel de lactona. Utilízanse para tratar infeccións do tracto respiratorio causadas por bacterias resistentes aos macrólidos. Os cetólidos son moi efectivos, xa que teñen dous sitios de unión ao [[ribosoma]]; e os máis modernos fluorocetólidos mesmo teñen tres sitios de interacción co ribosoma.
 
Liña 37:
* [[Tilocina]]
 
=== Macrólidos non antibióticos ===
Non todos os macrólidos son antibióticos. Por exemplo, os fármacos [[tacrolimus]], [[pimecrolimus]], e [[sirolimus]] son macrólidos que se utilizan como [[inmunosupresor]]es ou inmunomoduladores. Teñen unha actividade similar á da [[ciclosporina]].
 
=== Macrólidos tóxicos ===
Foron illados e caracterizados diversos macrólidos tóxicos producidos por bacterias, como as [[micolactona]]s.
 
== Indicacións ==
Os macrólidos teñen todos un espectro de actividade moi similar, non penetran no [[líquido cefalorraquídeo]] e atinguen altas concentracións na [[pel]], [[oído medio]], secrecións [[Bronquio|bronquiais]], [[próstata]], mucosa [[Estómago|gástrica]], [[granulocito]]s e [[macrófago]]s.
 
Os antibióticos macrólidos utilízanse para o tratamento de infeccións causadas por [[bacteria Gram-positiva|bacterias Gram-positivapositivas]]s, como ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', e ''[[Haemophilus influenzae]]'' en infeccións respiratorias e de tecidos brandos. O espectro antimicrobiano dos macrólidos é algo máis amplo ca o da [[penicilina]], o que fai que os macrólidos sexan un antibiótico substituto común para pacientes con alerxia á penicilina. Os [[estreptococo]]s, [[pneumococo]]s, [[estafilococo]]s, e [[enterococo]]s beta-hemolíticos son normalmente susceptibles aos macrólidos. A diferenza da penicilina, os macrólidos son efectivos contra a ''[[Legionella pneumophila]]'', [[micoplasma]]s, [[micobacteria]]s, algunhas [[rickettsia]]s, e ''[[Chlamydia]]''.
 
Os macrólidos non se utilizan en herbívoros non ruminantes, como cabalos e coelllos. Neses animais producen rapidamente unha reacción causando transtornos dixestivos fatais. <ref>Giguère, Steeve, John F., and J. Desmond. Antimicrobial therapy in veterinary medicine. 4th. Wiley-Blackwell, 2006. Print</ref> Só poden ser utilizados en cabalos de menos dun ano de idade, pero evitando que outros cabalos maiores entren en contacto co tratamento con macrólidos (como a nai do poldro, por exemplo).
 
== Modo de acción ==
=== Antibacteriano ===
Os macrólidos son inhibidores da [[tradución (proteínas)|síntese proteica]] nas bacterias, xa que se unen á subunidade de 50 S do [[ribosoma]] bacteriano. Pénsase que fan isto impedindo que a [[peptidiltransferase]] do [[ribosoma]] enlace o grupo peptidil (proteína en crecemento) unido ao [[ARNt]] ao seguinte aminoácido <ref name=pharmamotion>[http://pharmamotion.com.ar/protein-synthesis-inhibitors-macrolides-mechanism-of-action-animation-classification-of-agents/ Protein synthesis inhibitors: macrolides mechanism of action animation. Classification of agents] Pharmamotion. Author: Gary Kaiser. The Community College of Baltimore County. Retrieved on July 31, 2009</ref> e inhibindo a translocación ribosomal.<ref name=pharmamotion/> Outro mecanismo potencial é a disociación prematura do [[peptidil-ARNt]] do ribosoma.<ref name=lovmar>[http://www.sciencedirect.com/science?_ob=ArticleURL&_udi=B6WK7-490R2TT-C&_user=10&_rdoc=1&_fmt=&_orig=search&_sort=d&_docanchor=&view=c&_acct=C000050221&_version=1&_urlVersion=0&_userid=10&md5=19d53b7156b390f5ed0a09eb156c18ea The Mechanism of Action of Macrolides, Lincosamides and Streptogramin B Reveals the Nascent Peptide Exit Path in the Ribosome] Martin Lovmar and Måns Ehrenberg</ref>
 
As súas accións poden provocar un efecto [[bacteriostático]] ou [[bactericida]], segundo a especie bacteriana atacada, a concentración do antibiótico acadada no sitio de infección ou a fase de crecemento en que se encontran as bacterias durante o ataque do antibiótico. Os macrólidos exercen o seu efecto só nos microorganismos que están en proceso de replicación. Os macrólidos penetran máis facilmente nas bacterias gram positivas, a claritromicina é o único que posúe algunha actividade (escasa) sobre bacterias gram negativas.
 
=== Inmunomodulación ===
Os antibióticos macrólidos eritromicina, claritromicina, e roxitromicina demostraron ser efectivos como tratamento contra certa doenza pulmonar frecuente en Asia chamada panbroquiolite difusa (DPB).<ref name=mac>{{Cite journal|author=Keicho N, Kudoh S |title=Diffuse panbronchiolitis: role of macrolides in therapy |journal=Am J Respir Med. |volume=1 |issue=2 |pages=119–131 |year=2002 |pmid=14720066 }}</ref>
<ref name=mac08>{{Cite journal|author=Lopez-Boado YS, Rubin BK |title=Macrolides as immunomodulatory medications for the therapy of chronic lung diseases |journal=Curr Opin Pharmacol. |volume=8 |issue=3 |pages=286–291 |year=2008 |pmid=18339582 |doi=10.1016/j.coph.2008.01.010 }}</ref> O efecto beneficioso dos macrólidos nesta doenza deriva de que controlan os síntomas a través da [[inmunomodulación]], é dicir, axustando a resposta inmunitaria,<ref name=mac08/> co beneficio engadido de requirir doses máis baixas. A inflamación diminúe e suprímese a proliferación de neutrófilos e linfocitos. <ref name=mac/> Que o seu efecto se debe a inmunomodulación ponse en evidencia porque se usan a doses moi baixas como para que poidan combater a infección directamente, e porque alivian os síntomas mesmo cando a bacteria é resistente aos macrólidos <ref name=mac04>{{Cite journal|author=Schultz MJ |title=Macrolide activities beyond their antimicrobial effects: macrolides in diffuse panbronchiolitis and cystic fibrosis |journal=J Antimicrob Chemother. |volume=54 |issue=1 |pages=21–28 |year=2004 |pmid=15190022 |doi=10.1093/jac/dkh309 }}</ref>.
 
== Resistencias ==
A principal maneira que teñen as bacterias de adquirir resistencia aos macrólidos é por modificación da diana por medio de metilación post-transcricional do [[ARN ribosómico]] de 23 S bacteriano por metilases. Estas metilases están codificadas polo [[xene]] ''erm'', presente en ''Staphylococcus'', ''Streptococcus'', enterobacterias ou ''Lactabacillus''. Esta resistencia adquirida pode estar mediada tanto por [[plásmido]]s coma polo [[cromosoma]], por medio de mutacións, e orixina unha resistencia cruzada a macrólidos, [[lincosamida]]s, e [[estreptogramina]]s (un fenotipo MLS-resistente).
 
Liña 67:
A azitromicina foi utilizada para tratar a infección de gorxa causada por ''Streptococcus pyogenes'' (estreptococos do grupo A ou GAS) en pacientes alérxicos á [[penicilina]], aínda que as estirpes de estreptococos do grupo A resistentes aos macrólidos non son raras. Outra posible opción para estres pacientes é a [[cefalosporina]].
 
== Efectos secundarios ==
En xeral son bastante seguros. Nalgúns casos poden producir trastornos intestinais, hipersensibilidade cutánea ou eosinofilia.
En 2008 un artigo do ''British Medical Journal'' salientaba que non é aconsellable combinar macrólidos e [[estatina]]s (usadas para rebaixar os niveis de colesterol), xa que isto pode producir unha [[miopatía]] debilitante.<ref>{{Cite journal|last=Sathasivam|first=Sivakumar |date=6 November 2008 |title=Statin induced myopathy |journal=British Medical Journal |volume=337 |pages=a2286 |url=http://www.bmj.com/cgi/content/extract/337/nov06_3/a2286 |doi=10.1136/bmj.a2286 |pmid=18988647|last2=Lecky|first2=B}}</ref> Isto sucede porque os macrólidos son potentes inhibidores do sistema do [[citocromo P450]], principalmente do [[CYP3A4]]. Os macrólidos, principalmente a eritromicina e claritromicina, teñen tamén o efecto de prolongación QT no [[electrocardiograma]], o que pode orixinar [[torsade de pointes]] (certa taquicardia ventricular). Os macrólidos teñen reciclaxe enterohepática; é dicir, o fármaco absórbese no tracto intestinal e é enviado ao fígado, para ser despois excretado no [[duodeno]] coa [[bile]]. Isto pode orixinar unha acumulación do produto no sistema, causando deste modo [[náusea]]s. En rapaces o uso da eritromicina foi asociado con estenose pilórica <ref>SanFilippo, A. Infantile hypertrophic pyloric stenosis related to ingestion of erythromycine estolate: A report of five cases. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1263054]</ref> <ref> Honein M.A. et al. Infantile hypertrophic pyloric stenosis after pertussis prophylaxis with erythromcyin: a case review and cohort study. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10609814]</ref>.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Policétido]]s
* [[Eritromicina]]
* [[Antibiótico]]s
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.infectio-lille.com/diaporamas/invites/struct-act-duatb05-bryskier.pdf Structure Activity Relationships] "Antibacterial Agents; Structure Activity Relationships", André Bryskier MD; beginning at pp143
 
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro|autor=Ōmura, Satoshi |título=Macrolide antibiotics: chemistry, biology, and practice |editor=Academic Press - Boston |ano=2002 |edición=2nd |isbn=0-12-526451-8 }}
 
 
 
[[Categoría:Antibióticos]]
 
[[ar:ماكروليد]]
[[arz:ماكرولايد]]
[[ca:Macròlid]]
[[da:Makrolid]]
Liña 97 ⟶ 96:
[[es:Macrólido]]
[[fa:ماکرولید]]
[[fi:Makrolidi]]
[[fo:Makrolid]]
[[fr:Macrolide]]
[[ht:Makrolid]]
[[it:Macrolide]]
[[ht:Makrolid]]
[[arz:ماكرولايد]]
[[nl:Macrolide antibioticum]]
[[ja:マクロライド系抗生物質]]
[[nl:Macrolide antibioticum]]
[[pl:Makrolidy]]
[[pt:Macrólido]]
[[ru:Макролиды]]
[[sl:Makrolidi]]
[[fi:Makrolidi]]
[[sv:Makrolid]]
[[th:แมคโคไรด์]]