Diferenzas entre revisións de «Bernardo Barreiro»

máis
m (DEFAULTSORT -> ORDENAR)
(máis)
 
==Traxectoria==
Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no [[Arquivo Xeral de Simancas|Arquivo de Simancas]] . Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces en Arxentina.
 
Os seus primeiros traballos apareceron en ''[[La Estrella Compostelana]]'' e ''[[La Aurora de Galicia]]''. Fundou e dirixiu o xornal ''[[La Revolución (1868)|La Revolución]]'' e a revista ''[[Galicia Diplomática]]'' (1880-1893), no que publica distintos traballos sobre a [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]]. Tamén colaborou en ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'', ''[[Revista Compostelana]]'' e ''[[Diario de Santiago]]''.
 
===Inéditos===
Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado ''Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición'', e unha novela titulada ''Los judíos de Ribadavia'', sobre oos sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños desta localidade, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo <ref>Desta novela publicáronse dous capítulos (Pontevedra, 1885).</ref>.
 
==Notas==
54.143

edicións