O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 5:
 
==Historia==
[[Xosé María Álvarez Blázquez]], [[Vicente Risco]] e outros autores investigaron sobre o posible autor e data orixinal de publicación, sen chegaren a ningunha conclusión definitiva. Parece haber certo consenso en situar o nacemento do libro ó redor dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]], se ben Bernardo Barreiro asegura que "''debe ser cousa do presente século XIX ou pouco anterior en anos''", ó non detectar ningunha mención ó libro nos autos de fe que consultou, relativos á [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]] durante os séculos XVI e XVII, sendo lóxico que, de existir naquelas datas, sería un obxectivo prioritario para os inquisidores. En realidade, o propio Bernardo Barreiro cita algúns casos de presuntos bruxos posuidores de libros de maxia, coma o caso seguido contra o frade franciscano Juan de la Vega en [[1602]] acusado de pauto co demo porque unha testemuña asegurara que o frade posuía un libro, procedente dun convento de [[Ourense]], co cal podía facer que aparecesen ante si os demos; ou o de Juan Gómez, do [[O Tameirón, A Gudiña|Tameirón]] (A Gudiña, xulgado tamén en 1602, que tiña un libro de astroloxía ou maxia; ou o do catedrático irlandés Patricio Sinot, xulgado en Santiago en [[1622]] porque en certa ocasión ''sacó un libro que hablaba de los 'sinos'''. Non consta noen ningún dos procesoprocesos ningunha indicación que permita relacionar taltales libro co ''Ciprianillo'' e, no terceiro caso, o enxuiciado asegurou que os únicos libros que tiña eran de medicina e astroloxía (iso si, eran de autores xudeus).
 
Álvarez Blázquez afirma que xa no século XVII circulaba en Galicia un libro de esconxuros atribuído a [[Cibrao de Cartago|San Cibrán]], do que pode derivar o nome de ''Ciprianillo'', que sería unha tradución do francés. Risco cre que se publicaría xa entrado o [[século XVIII|XVIII]].