Diferenzas entre revisións de «Cromátide»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
Utilízase o termo '''díada''' para referirse a un par de cromátidas irmás durante a profase I da meiose. Nese momento as dúas cromátidas irmás están aliñadas e parecen ter un centrómero indiviso, a diferenza da profase da mitose na que parecen ter cada unha o seu propio centrómero individualizado. O termo díada tamén se usa na descrición da morfoloxía de proteínas.<ref>[http://dictionary.reference.com/browse/dyad dyad - 4 dictionary results]</ref>
 
Utilízase o termo '''tétrada''' para referirse ás catro cromátidas dos dous cromosomas homólogos emparellados durante a meiose para facer a recombinación. Os dous cromosomas forman un [[bivalente]] e cada un ten dúas cromátidas, polo que o conxunto tenteñen catro cromátidas. As tétradas desaparecen na anafase I da meiose, momento en que os bivalentes se separan. O número de tétradas que se forman na meiose coincide co número haploide da especie de que se trate.
 
 
204.069

edicións